Lugo, 23 de xaneiro de 2020. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto á Deputada de Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presentou este xoves na Feira Internacional de Turismo (FITUR) a campaña Lugo, ¡ven!, un acto no que deu a coñecer dúas novas aplicacións para dispositivos móbiles que teñen como finalidade difundir os principais atractivos da provincia e mellorar a experiencia do visitante.
O acto, que se desenvolveu no stand de Galicia, contou con numerosa asistencia de público, entre o que estiveron blogueiros e xornalistas especializados no sector turístico. Estivo conducido polo recoñecido meteorólogo lucense Martín Barreiro, embaixador da provincia para o desenvolvemento de accións de promoción e consolidación da marca turística Lugo Cambia. Tamén participaron as alcaldesas de Lugo, Lara Méndez, e Viveiro, María Loureiro, e a primeira tenente de alcalde de Monforte de Lemos, Gloria Prada.
“O viaxeiro de hoxe é cada vez máis dixital e organiza o seu tempo libre a través do seu móbil, tablet ou ordenador”, subliñou o Presidente.
José Tomé explicou que a App gratuíta Inventrip inclúe información sobre uns 2.500 puntos de interese, entre elementos do patrimonio cultural e natural, rutas, artesáns, bodegas, empresas de turismo activo, restaurantes e establecementos turísticos. “Un conxunto de información que lle permite ao visitante trazar unha ruta para chegar aos lugares que máis lle interesan ou poder descubrir os recursos que están máis preto da súa posición”, dixo.
A outra ferramenta tecnolóxica que o Presidente presentou en FITUR foi Lugo 360, unha aplicación tamén de balde, que a través da realidade aumentada permitirá facer unha viaxe a 25 localizacións da provincia a través de calquera dispositivo móbil. A App inmersiva abre unha ventá virtual que permitirá ao usuario facer unha visita a calquera dos catro xeodestinos da provincia de Lugo (Ancares-Courel, A Mariña, Lugo-Terra Chá e Ribeira Sacra), co fin de motivalo a que faga unha visita real.
“Lugo 360 e Inventrip son dúas maneiras de acompañar aos nosos visitantes a través do seu móbil sen condicionalos. Deixando que eles mesmos teñan o control sobre a súa viaxe e que, esa viaxe lles achegue a realidade máis natural da provincia de Lugo”, afirmou Tomé. Centrado no turismo de experiencias, o Presidente da Deputación fixo un recorrido pola provincia, deténdose en algunha das citas culturais, deportivas e musicais, no turismo de natureza, na calidade e riqueza paisaxística de Lugo, no termalismo e no enoturismo.
Este ano, a Feira Internacional de Turismo conta coa presencia de 11.040 empresas de 165 países e na pasada edición recibiu a máis de 253.000 visitantes.
José Tomé, que explicou que a Deputación de Lugo aposta pola transversalidade e a unidade de acción como pilares indispensables na súa estratexia turística, participou pola tarde no acto organizado pola Mancomunidade de Municipios da Mariña, que presentou a comarca a través de 5 experiencias slow.























Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



