Ribadeo, 5 de febreiro de 2020. O auditorio municipal Hernán Naval, de Ribadeo, acollerá mañá, xoves, a xornada pola igualdade organizada polo Centro Integrado de Formación Profesional Porta da Auga. Inclúe charlas sobre sexualidade, novas masculinidades e coeducación desde as 10 da mañá ata as 6 da tarde e a continuación un concerto do grupo De Vacas, todo con entrada libre e gratuíta.
Na presentación desta actividade o director do CIFP Porta da Auga, Isidro Berdeal, anunciou que está organizada desde a Comisión de Igualdade do centro en colaboración co Comité Lila do IES Dionisio Gamallo Fierros, de Ribadeo, co Concello de Ribadeo e tamén co IES de Foz.
A profesora que coordina a Comisión de Igualdade do CIFP ribadense, Sara González, explicou que “la primera ponencia que tenemos se llama El silencio también educa: la mala educación sexual. Va a ser de 10 a 12 de la mañana la ponente es Martina González Veiga, que es psicóloga general sanitaria y está especializada en sexología. Lo que pretendemos con esta ponencia es fundamentalmente llegar al alumnado mayoritariamente adolescente y que tengan un conocimiento de lo que es la educación sexual, sobre todo sana y responsable, y todo vinculado al papel que ejercen ellos dentro de la sexualidad y en la sociedad”.
A continuación unha das representantes do alumnado na Comisión de Igualdade do Porta da Auga, Lucía Díaz, engadiu que “a segunda ponencia será Masculinidades Igualitarias, que será impartida por Pepe Cabido Pérez que é un profesor de Filosofía, tamén é membro do Equipo de Igualdade do IES Fontexería, de Muros, e ademais é experto en masculinidades igualitarias”.
Outra das representantes do alumnado do Porta da Auga, Melina Santamaría, comentou que “a charla que vai haber desde as catro e media ata as seis da tarde, que se chama A igualdade e lei, hai que cumprila vai ser impartida por Marian Moreno Llaneza, profesora de Lingua Castelá e Literatura desde o ano 1990 e que posúe unha ampla formación en igualdade, ademais con experiencia profesional como asesora técnica docente no centro de profesorado de Avilés. A charla vai ir sobre coeducación, que é importante educar desde a igualdade e que as persoas poidan escoller libremente a súa formación sen ter en conta o seu xénero ou sexo”.
Teresa González, a coordinadora do Comité Lila do IES ribadense Dionisio Gamallo, explicou que ese colectivo explicou: “colaboramos un pouco na organización destas xornadas basicamente porque pode haber un programa moi bo pero se falla o público non se conseguen os obxectivos. Nós agradecemos a organización delas porque dan oportunidade de formarnos como colectivo e, xa que o público vai ser basicamente xente moza, o broche de ouro póñeno De Vacas, que son tres mulleres que nos demostran que a música non é machista, o que é machista son as letras; entón con moito sentido do humor danlle a volta a moitas cancións e ao mesmo tempo son cancións críticas que convidan a ver a vida dunha forma crítica pero lúdica ao mesmo tempo. Moi coñecido foi o seu tema Despacito, onde se lle deu a volta a esta letra que en principio non era moi igualitaria. Grazas ao Porta da Auga, á comisión de igualdade, por traer estas pedazo xornadas para Ribadeo”.
E o profesor do Porta da Auga Adrián López, que é membro da Comisión de Igualdade do centro, rematou a presentación: “consideramos que as xornadas que se van levar a cabo o 6 de febreiro son unha boa oportunidade para seguir afondando na formación no ámbito da igualdade. Tratamos de enfocalo dende diferentes perspectivas, de xeito que cada unha das ponencias que se van tratar aborden distintos aspectos da igualdade de xénero, tocando o tema da sexualidade a partir da charla de Martina González. Tamén cremos que é importante incidir sobre o cambio de rol que debe haber por parte das figuras masculinas na sociedade para que sexa máis igualitaria. Tampouco podía faltar a perspectiva de coeducación tan necesaria sobre todo á función de docentes e tamén para a perspectiva do alumnado. A parte formativa complementámola co concerto do grupo De Vacas para facer un peche un pouco máis lúdico e tratar de convertelo nunha xornada amena e sobre todo produtiva. Esperamos atopar alí a todas e a todos o día 6 para que veñan compartir con nós esta xornada”.
























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



