Ribadeo, 5 de febreiro de 2020. O alcalde, Fernando Suárez, anuncia que volven saír a poxa, por cuarta vez os dous inmobles propiedade do Concello na rúa Bispo Veres. O prezo nesta ocasión será 68.000 euros e os edificios poden adquirirse xuntos ou por separado. Saíron a poxa en 2019 por 87.000 euros e agora esa cantidade rebaixase dun xeito considerable. O rexedor destaca a situación e as vistas sobre a ría.
Fernando Suárez dixo que “desde o Concello de Ribadeo imos iniciar, e esperemos que sexa a última vez, esta poxa destes dous inmobles que o Concello matriculou hai un tempo ao seu nome, que están nunha situación derruída desde hai moitos anos, en pleno corazón do casco vello, cunhas vistas sobre a ría de Ribadeo espectaculares, nunha posición dominante de toda esa zona. Desde hai máis ou menos dous anos subastámolas en varias ocasións e quedaron desertas, cada vez que facíamos a subasta baixábamos o prezo”.
O alcalde explicou que “desta última volta estivemos a piques, pero por algún motivo non se animou finalmente algunha das persoas que ían puxar. Agora facemos unha cuarta, eu penso que a un prezo de derribo, saen en total por preto de 68.000 euros as dúas, en Bispo Veres número 2 e número 4, practicamente unha delas en torno a 40.000 euros con IVE incluído e a outra uns 26.000 euros con IVE incluído, pódense comprar xuntas ou por separado”.
O rexedor subliñou que “hai que ter en conta que en total estamos falando duns 700 metros cadrados de capacidade edificatoria, cos destinos que permite a normativa, pode ser para vivendas residenciais, vivendas turísticas, para un hotel ou un albergue, e incluso para unha parte destinada a garaxe e outra residencial. Sempre que a normativa o permita desde o Concello non poñeremos ningún problema para os usos posibles. Hai que ter en conta que un dos edificios está formado por baixo máis primeiro e outro ten baixo máis primeiro e segundo. En total un deles case 400 metros cadrados e outro uns 300 metros cadrados”.
Suárez Barcia engadiu que “todas as persoas físicas ou xurídicas interesadas na adquisición destes inmobles poderán ter un prazo duns 90 días. Todo este expediente está na plataforma de contratos do Estado, e tamén desde a páxina web do Concello de Ribadeo. Para máis información poden acudir ás oficinas do Concello, onde lles explicarán os técnicos con todo luxo de detalles. Eu penso que esta é unha oportunidade moi boa, a un prezo moi bo, para adquirir estes dous inmobles que a día de hoxe, desde hai moitos anos, son unha ruína pero que unha vez rehabilitados serían dous inmobles espectaculares”.





















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



