Burela, a 22 de febreiro de 2020.- O Grupo Municipal Popular (GMP) asegura que “Alfredo Llano supera os seus propios límites ao anunciar un proxecto para as vivendas dos mestres do CEIP Virxe do Carme, cando deixou pasar catro anos sen facer nada, e sen executar o investimento previsto nos presupostos de 2018 e 2019”.
Ademais, apunta, “cremos que non sabe ben do que fala, xa que das oito vivendas hai catro desafiuzadas, e as catro foron desafiuzadas no anterior mandato do PP. As outras catro están sen desafiuzadas porque Llano non fixo nada a tal efecto. Non podemos crer o anuncio do alcalde sobre esas vivendas”.
O portavoz municipal do PP, Manuel Rouco, indica que “o anuncio de Llano sobre as vivendas dos Mestres do CEIP Virxe do Carme ten nula credibilidade, xa que el mesmo recoñece que non hai nin proxecto, nin datas, nin financiación: entón, de que fala?. Hai que sinalar que a desafectación desas catro vivendas foi feita en 2013, por iniciativa dun goberno municipal do PP, e que dúas delas foron acondicionadas mediante un Obradoiro de emprego financiado pola Xunta de Galicia, rematando as obras entrado o ano 2014”.
Rouco asegura que “o peor de todo é que o PP presentou unha moción no pleno de 2 de agosto de 2018, para seguir rehabilitando as vivendas de Mestres do indicado CEIP, e contou cos votos en contra do PSOE. A Sra. Patricia Otero, a actual Secretaria Provincial do Psoe, manifestou naquel pleno que había un proxecto, proxecto que, polo mencionado agora polo alcalde, era inexistente”.
O portavoz popular engade que “nin Llano nin o PSOE teñen interese algún nesas vivendas: consignaron 35.000 euros nos orzamentos de 2018 para arranxar as vivendas desafiuzadas e non investiron nin un só euro, desviando os cartos a outros fins. O mesmo pasou nos orzamentos de 2019, nos que había 30.000 euros. Polo visto, estamos ante un alcalde que incumpre o que di, algo ao que xa nos ten acostumados. Só fai anuncios que logo nunca se trasladan á realidade, e xa levamos exemplos: a traseira de Capitanía, a RPT, o novo pavillón, a ordenanza das terrazas, e un longo etcétera”.



















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



