Ribadeo, 5 de febreiro de 2020. O restaurante O Lar de Manolo, de Ribadeo, organiza as xornadas do cocido que se celebran durante todo este mes de febreiro.
O menú componse se sopa de cocido e cocido galego cos seus tradicionais ingredientes de grelos, garavanzos, patacas, chourizo, lacón, touciño e cachucha. Todo iso acompañarase de adega e chupito de licores galegos tras a sobremesa.
O prezo é de 25 euros por persoa, e é preciso facer reserva con antelación no número de teléfono 982 12 00 70.
O xerente e cociñeiro de O Lar de Manolo, Anxo Expósito, anima a gozar da proposta gastronómica que ofrecen durante este mes, tan típica ademais nestas datas, e que “tanto gusta a ribadenses e visitantes”.
Outra cita importante para este mes de febreiro será a de San Valentín. Angel Expósito comenta que “no noso restaurante decoraremos o comedor para celebrar o día dos namorados o 14 e o 15 de febreiro. Ás persoas que desexen compartir estas datas connosco recomendámoslles que reserven con tempo. Non faremos menú especial este ano, teremos a nosa ampla carta á súa disposición para que cada un saboree os pratos que máis lle apetezan”.
