Ribadeo, a 31 de marzo de 2020. O Concello de Ribadeo recibiu no día de hoxe da Xunta de Galicia outras 350 máscaras, 5 botes de hidroxel, 50 batas e 12 traxes de protección. para combater o Covid-19. Este material súmase o entregado noutros dous envíos, efectuados os días 24 e o 26 de marzo; o que fai que a entidade local dispoña en poucos días dun total de 443 luvas, 428 máscaras, 62 traxes de protección, 5 botes de hidroxel de medio litro, 50 batas e 1 desinfectante clorado.
Para o voceiro do Grupo Municipal de Ribadeo, Daniel Vega, trátase dunha acción que “é importante poñer en valor e que dá continuidade ao que sempre dixemos, de seguir reclamando material para Ribadeo”.
“É fundamental que o centro de saúde, a residencia de maiores, os traballadores do SAF e que todos os profesionais que nos están coidando teñan material para o traballo diario”. Por iso, unha vez máis, apela á colaboración e responsabilidade institucional, de tal xeito que “agardamos que o Estado e a Deputación tamén cooperen na mesma senda que o fai o Goberno de Galicia”.
Ao igual que nos dous envíos anteriores, moito dese material procede de recursos propios, doazón de empresas, institucións e mesmo particulares que altruistamente non dubidaron en axudar nesta situación complicada. Isto supuxo e está a supoñer un gran esforzo tendo en conta a escaseza no subministro que existe nestes momentos.
Os populares da Ribadeo continúan así na súa “teima” de seguir pedindo protección para os ribadenses e medidas que axuden a paliar os efectos socioeconómicos que trae consigo o coronavirus. En días pasados rexistraron unha proposta con diversas medidas fiscais e sociais, e adiantan que, nos vindeiros días, demandarán tamén ao goberno local máis iniciativas que “nos axuden a saír o mellor posible desta parálise”.





















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



