Mondoñedo, 09 de xaneiro de 2020. O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Miranda celebrará os vindeiros venres 6 e 13 de marzo de 2020 ás 18:30h e as 18:45h, respectivamente, o segundo bloque de actividades dentro do marco do proxecto “Impulso e promoción de experiencias á beira do Camiño de Santiago no territorio comprendido polo GDR Terras de Miranda”, subvencionado dentro do programa O Teu Xacobeo.
As diferentes actividades teñen como obxectivo destacar a riqueza cultural, natural e humana vinculada co Camiño de Santiago na Mariña Lucense. Con isto preténdese divulgar e promocionar os diferentes recursos localizados neste territorio para o desfrute e coñecemento tanto da poboación local como para os visitantes.
A segunda actividade terá lugar no Concello de Mondoñedo. O día 6 de marzo comezará cunha visita guiada polo casco vello e unha explicación das características históricas principais da Catedral dende o seu exterior e principais monumentos históricos, seguido da conferencia “O Camiño do Norte, tres décadas de percorrido” a cargo de D. Manuel Valín Valdés, socio fundador da Asociación de Amigos do Camiño Norte da Provincia de Lugo e da Asociación Cultural Casa das letras de Ribadeo. Á semana seguinte, o venres 13 de marzo continuárase a segunda quenda coa visita ao Centro de interpretación do Camiño do Norte e ao albergue de peregrinos de Mondoñedo. Ademais, realizarase a conferencia “Camiños do Norte, unha visión retrospectiva antes do Xacobeo 21” da man de D. Laureano V. García Díez Presidente de la Agrupación de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago del Norte, e finalmente, rematarase a xornada cunha degustación de produtos locais KM0.
Todas as actividades levadas a cabo neste proxecto son totalmente gratuítas e teñen prazas limitadas. Para mais información, pode contactarse con terrasdemiranda.turismo@gmail.com ou no 673 472 735.
Vindeiras actividades:
Andaina polo Camiño do Norte
Cultura entre as mans – Artesanía de Terras de Miranda