Lugo, 15 de abril de 2020. A Subdelegación do Goberno puxo en marcha hoxe un importante operativo para a distribución de mascarillas por toda a provincia de Lugo, centrado agora no persoal que forma parte do tecido social e económico da provincia. Así o anunciou a subdelegada, Isabel Rodríguez, que esta mañá supervisou o comezo desta nova campaña dirixida ao ámbito social, que ten como obxectivo prioritario facilitar elementos de protección as persoas implicadas no apoio aos máis vulnerables ou que traballan en servizos esenciais.
A subdelegada fixo entrega de mascarillas á Cruz Vermella e a Cáritas, para facilitar a protección dos traballadores e voluntarios que colaboran nestas dúas entidades e destacou o importante labor social que desenvolven ambas entidades na provincia. Así, a Cruz Vermella, que conta con 112 traballadores e 500 voluntarios ocúpase de importancias de axuda e acompañamento a persoas maiores, a persoas sen teito, a afectados por dano cerebral e a drogodependentes, entre outros colectivos. Pola súa parte, Cáritas, con 29 traballadores e máis de 500 voluntarios, céntrase especialmente na xestión de comedores sociais e atención a persoas sen recursos.
Rodríguez tamén participou esta mañá na distribución de mascarillas a representantes de colectivos do tecido económico lucense como panadeiros e taxistas, e das máis de 70 asociacións integradas na CEL que representan a totalidade do tecido asociativo empresarial de Lugo.
Ademais, a Subdelegación do Goberno extendeu a toda a provincia a distribución deste material sanitario, a través dun dispositivo que organizou coa participación da Policía Nacional e a Garda Civil, e comezou a distribución de mascarillas en residencias de persoas maiores da comarca da Mariña.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



