Lugo, 7 de abril de 2020. A Xunta de Galicia programou para hoxe labores de limpeza e desinfección en 42 espazos públicos de 27 concellos da provincia de Lugo para contribuír a frear a expansión do coronavirus.
Os encargados de realizar estas tarefas son os profesionais do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) da Consellería do Medio Rural, que actúan nos exteriores de puntos especialmente vulnerables, como centros de saúde, residencias de maiores e de persoas discapacitadas, co fin de incrementar a seguridade de traballadores e usuarios.
Hoxe están previstas tarefas de desinfección nos seguintes municipios:
Na comarca da Mariña
Alfoz
Centro de saúde
O Valadouro
Centro de saúde e residencia de maiores
Xove
Centro de saúde e residencia de maiores San Bartolomeu
Ourol
Centro de saúde
O Vicedo
Centro de saúde
Barreiros
Centro de saúde
Lourenzá
Centro de saúde
A Pontenova
Centro de saúde
Trabada
Centro de saúde e residencia para persoas maiores
Mondoñedo
Centro de saúde, residencia San Rafael e centro asistencial San Pablo e San Lázaro
Nas comarcas de Lugo e Sarria
Láncara
Centro de saúde de Láncara e residencia de maiores A Veiga da Pobra de San Xiao
Paradela
Centro de saúde e residencia de maiores
O Páramo
Centro de saúde
Portomarín
Centro de saúde
Lugo
Punto de encontro da brigada no Ceao
Guntín
Centro de saúde, consultorio médico de Lousada e residencia de maiores San Salvador
Na comarca da Ulloa
Antas de Ulla
Centro de saúde e residencia de maiores
Palas de Rei
Centro de saúde
Monterroso
Oficina agraria comarcal e punto de encontro da brigada
Nas comarcas da Terra Chá e Meira,
Xermade
Centro de saúde
Ribeira de Piquín
Centro de saúde
Na zona da Sur da provincia,
Bóveda
Centro de saúde e residencia de persoas con discapacidade
Sober
Centro de saúde e residencia de maiores A Nosa Señora do Carme
Taboada
Centro de saúde e residencia de maiores O Meu Fogar
Carballedo
Centro de saúde
Pantón
Centro de saúde
O Saviñao
Centro de saúde e vivenda comunitaria




















Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



