Lugo, 14 de abril de 2020. O novo servizo gratuíto de cooperación cos concellos que activou a Deputación de Lugo a través do que lles ofrece asistencia técnica, asesoramento e colaboración para que poidan celebrar vía telemática plenos, xunta de goberno e órganos colexiados en xeral durante obtivo unha boa acollida por parte das entidades locais da provincia. “Dende o día que demos a coñecer esta prestación, hai pouco máis dunha semana, xa percibimos interese por esta iniciativa que facilita a xestión municipal na actual situación de crise sanitaria polo coronavirus Covid-19”, subliñou o Deputado de Promoción Económica e Social.
Concellos como o de Xermade xa fixaron para esta semana a celebración dun Pleno de maneira telemática co soporte técnico da Deputación e outros, como os de Burela, Foz ou Lugo, puxéronse en contacto co servizo provincial de Novas Tecnoloxías para pedir asesoramento e información e para resolver dúbidas.
Con esta iniciativa, a Deputación continúa adoptando as decisións ao seu alcance para cooperar cos concellos na loita para paliar os efectos da crise sanitaria, axudándolles a que podan seguir traballando, coa maior normalidade posible, en todos aqueles trámites que teñen como obxectivo a mellor atención á veciñanza.
O soporte técnico ofrecido pola Deputación permite ós concellos que poidan continuar celebrando, de maneira segura e eficaz, todas aquelas sesións de órganos colexiados que resultan importantes ou mesmo imprescindibles para sacar adiante trámites, procedementos ou medidas que inciden no benestar da cidadanía e no impulso da actividade económica do municipio.
Este novo servizo gratuíto de cooperación cos concellos funciona baixo demanda a través do departamento de Novas Tecnoloxías da Deputación. Opera a través dunha aplicación de videoconferencias na rede que permite conexións entre todo tipo de dispositivos (ordenadores de sobremesa e portátiles, teléfonos móbiles ou táblets). Trátase dunha ferramenta doada de usar e intuitiva.
O servizo de Novas Tecnoloxías estuda a particularidade de cada consistorio solicitante e recoméndalle a solución tecnolóxica máis acorde coas súas características e medios dispoñibles. Ofértanse varias opcións de colaboración, dende só asesoramento ata facer un seguimento de toda a sesión e a retransmisión por streaming a través da canle de YouTube do Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo.
Esta medida desenvólvese de acordo á modificación da Lei Reguladora das Bases de Réxime Local acordada polo Consello de Ministros e publicada este 1 de abril, que recolle a posibilidade de que os órganos representativos locais e de goberno, así como outros órganos colexiados locais se poden reunir de maneira telemática e adoptar acordos durante o estado de alarma.
Esta asistencia aos concellos para celebrar órganos colexiados vía telemática súmase á que xa vén ofrecendo a Deputación de maneira habitual en materia xurídica, de recursos humanos ou económica-financieira, entre outras moitas liñas de colaboración.
Froito do firme compromiso da Deputación coa cooperación cos concellos tamén é o Plan Único 2020, que inxectará de maneira directa nos 67 concellos da provincia 21,3M€ e que foi adaptado polo Goberno provincial para que os concellos poidan dispoñer de 10,6M€ para cubrir medidas sociais ante o coronavirus. Ademais, o Presidente decidiu adiantarlle aos concellos que teñen delegado o cobro de impostos, os pagos mensuais previstos correspondentes aos meses de abril, maio e xuño, o que supoñerá a entrada inmediata de preto de 11M€ nas arcas municipais.























Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



