Lugo, 30 de abril de 2020. A presidenta provincial do PP, Elena Candia, no marco das reunións por videoconferencia que mantén cos representantes institucionais do partido nos distintos niveis, abordou co portavoz popular en Viveiro, Óscar Rodríguez, á situación neste municipio tanto no ámbito sanitario como económico e social. Neste encontro quedou clara a xa demostrada vontade do PP de Lugo de tender a man, de colaborar en todas as frontes para axudar a que a provincia supere esta difícil conxuntura o máis pronto e da mellor maneira posible. Os populares esperan que a alcaldesa de Viveiro e o seu goberno tomen en consideración as numerosas propostas feitas polo grupo que encabeza Óscar Rodríguez.
Candia resume así o espírito co que o PP traballa na provincia e sinaladamente en Viveiro: “Desde o primeiro momento desta crise, explicitamos e demostramos con feitos que a vocación do noso partido é a de servir aos cidadáns, sexa cal sexa o papel que nos asignaran electoralmente. E máis aínda nun tempo como este. En Viveiro, como fixemos en toda a provincia, buscamos propiciar a colaboración para superar esta situación, porque desta crise saímos xuntos, de tal xeito que, ao final, poderemos dicir que o fixemos entre todos”.
Na videoconferencia saíu a relucir o malestar que xerou en amplos sectores de Viveiro o feito de que a Deputación demorase, sen xustificación, a aportación de material de protección sanitaria. Igualmente, destacaron que o presidente da Deputación, José Tomé, en palabras de Candia, “vai por detrás dos acontecementos, tanto en Viveiro como no resto da provincia; é inexplicable que careza dun plan de intervención directa para a reactivación da economía provincial, agora que comeza o proceso de desescalada do confinamento”. A este respecto, Rodríguez destacou que “esa falta de iniciativa e de acción resulta moi evidente ao lado da resposta dada pola Xunta”.
O portavoz municipal, Óscar Rodríguez, recordou algunhas das máis de 20 iniciativas que o seu grupo presentou días pasados no Concello e das que non tivo noticia algunha de parte do goberno municipal. Rodríguez sinalou: “A nosa marca política distínguese polo seu sentido institucional, de colaboración en favor da comunidade e de servizo. Con ese espírito, despois de falar con representantes de distintos sectores sociais, presentamos unhas iniciativas que teñen basicamente dous obxectivos: que ningún veciño de Viveiro pase dificultades a causa desta pandemia e preparar a reactivación da economía do municipio para o momento en que se acabe o confinamento”.
Rodríguez expuxo a Candia a súa preocupación polo silencio que, sobre as propostas do PP, garda o goberno encabezado pola socialista María Loureiro. O portavoz popular di: “Moito me temo que a alcaldesa, ao igual que outros moitos cargos públicos socialistas, falan de cooperación, de unidade e de solidariedade e practica xustamente o contrario. Viveiro necesita unión para saír o mellor posible desta crise; nós tendemos a nosa man, ofrecemos colaboración leal”.
Entre outras propostas, o PP de Viveiro inclúe que non se cobre por ocupación de vía pública por este ano aos locais de hostalería, nin por a recollida de lixo, abastecemento de auga e saneamento a todos os locais comerciais que tiveron que pechar; queren que mesma medida se aplique ás persoas vulnerables ou en situación económica de risco, ao menos mentres dure o confinamento. Pretenden que queden exentos os vendedores autorizado que acoden aos mercados. Os populares solicitan tamén a redución do IBI aos propietarios de locais con actividade comercial, tanto se é actividade propia como en aluguer e que non cobren o aluguer no tempo de peche por imperativo legal.
As iniciativas do PP inclúen axudas económicas directas a fondo perdido a todos os comerciantes que, por imperativo legal, teñan que adoptar medidas para reiniciar a súa actividade cando sexa posible. Igualmente, solicitan un reforzo do servizo de atención social con traballadores propios ou contratados, mañá e tarde, para atender debidamente ás persoas máis vulnerables e controlar diariamente o reparto de alimentos.




















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



