Lugo, a 14 de abril de 2020. A crise sanitaria provocada polo coronavirus COVID-19 leva aparellados problemas de gran calado para a economía nacional, en xeral, e para a lucense en particular. Os deputados provinciais do PP non tiveron resposta á súa solicitude ao presidente da Deputación para que convocase una reunión telemática de portavoces para analizar as medidas que debe adoptar esta institución tanto no que atinxe á crise sanitaria como á crise económica que se deriva dela. Diante do desinterese do presidente da Deputación, José Tomé, os populares inician unha rolda de contactos con representantes dos principais sectores produtivos da provincia para coñecer de primeira man as súas necesidades na presente conxuntura e deseñar as medidas que deben ser adoptadas pola institución provincial. O portavoz popular, Javier Castiñeira, aclara que a intención do seu grupo era que as medidas a adoptar se deseñaran coa participación de todos os grupos da corporación, pero resulta imposible porque o presidente, José Tomé, deixa clara unha vez máis a súa falla de talante dialogante e o seu desinterese por resolver os principais problemas da provincia.
Castiñeira iniciou hoxe a rolda de contactos, vía telefónica, con representantes dos distintos sectores produtivos, en concreto coa Federación de Comercio (José María Seijas e José Carlos Paleo) e dos hostaleiros (Cheché Real, presidente da Asociación Provincial de Hostalería). A análise que fan da actual conxuntura é que “a situación é malísima”, con previsións moi malas de cara ao próximo verán e con perspectivas moi poucos optimistas para o conxunto do ano.
O portavoz popular di que hostaleiros e comerciantes demandan axuda das institucións e sinaladamente da Deputación para reducir nestes sectores o impacto económico e laboral da crise sanitaria. Comerciantes e hostaleiros coinciden na necesidade de reforzar as posibilidades de supervivencia dos negocios mediante campañas institucionais para xerar confianza entre clientes e usuarios. E tamén son precisas accións institucionais para facilitar o acceso a créditos bancarios adaptados a esta especial situación, así como unha maior flexibilidade nos ERTE, ademais de buscar fórmulas para rebaixar a presión fiscal.
Castiñeira destacou a disposición do PP a buscar fórmulas de apoio a estes sectores, sinaladamente na Deputación. Do goberno presidido polo socialista José Tomé destaca que non está á altura das circunstancias nun momento tan delicado como o actual, como o demostra o feito de que esquece aos autónomos e ao pequeno comercio da provincia. Ao longo da xornada, Castiñeira falou tamén co xerente da Asociación Provincial de Empresarios da Construción, Eugenio Corral; presidente da CEL, Jaime López, e a presidenta de Jóvenes Empresarios, Noelia López.
O portavoz popular lamenta que Tomé non atendese a solicitude do PP para convocar unha reunión telemática da xunta de portavoces da Deputación e anuncia que seguirá a súa rolda de contactos cos representantes dos sectores produtivos. Está convencido de que o organismo provincial pode e ten que xogar un papel moi relevante para axudar a saír da difícil situación económica provocada pola crise sanitaria; di que a Deputación ten que actuar decididamente para a reactivación da economía provincial.




















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



