Viveiro, 11 de maio de 2020. O Concello de Viveiro, tras as labores de dragaxe feitas por Portos de Galicia na ría, encargou a realización de diversas analíticas co obxectivo de coñecer o estado actual tanto da praia de Covas como das augas de baño.
Tomáronse mostras en dous puntos da auga e en catro puntos da area, en todos os casos na zona de vertido; nas análises realizadas, sobre parámetros microbiolóxicos, obtivéronse resultados favorables en todos os casos.
Dentro de quince días, repetiránse novamente estas probas engadindo, ademais, a análise de metáis pesados. Co obxectivo de comprobar a evolución destes resultados e, en todo caso, o estado deste areal, distinguido con recoñecidas certificacións medioambientais, o concello realizará analíticas quincenais ao longo dos dous vindeiros meses.
Cómpre lembrar que o seguimento medioambiental das obras de dragaxe corresponden a Portos de Galicia, segundo o establecido no “Programa de vixiancia ambiental”, incluído no proxecto da obra, no que se prevé a realización de diversas actuacións, controis, informes e analíticas antes, durante e despois das propias labores de dragaxe; unha empresa contratada polo ente autonómico estase a encargar de executar este programa.
Dende o goberno municipal sempre se manifestou a súa preocupación pola obra referida e os seus posibles efectos medioambientais, polo que encargaron as analíticas indicadas co fin de ir comprobando cunha periodicidade quincenal os parámetros referidos, debendo valorar positivamente os bos resultados obtidos nesta primeira proba.
Cómpre lembrar, así mesmo, que dende comezaron estas labores de dragaxe, o Concello de Viveiro estivo en todo momento seguindo as actuacións realizadas. A propia alcaldesa do Concello de Viveiro, María Loureiro, púxose en contacto coa Presidenta de Portos de Galicia, a primeira hora da mañá do luns 20 de abril, para interesarse polos controis medio ambientais que se estaban a seguir para a execución das obras; esa mesma mañá, a técnica municipal de medio ambiente achegouse á praia de Covas, lugar no que se iniciaron os traballos co dragaxe da canle de acceso e o verquido na praia.
Ademais, o Concello de Viveiro solicitou a Portos de Galicia unha copia dos informes que se emitan, por parte dos técnicos competentes, con respecto a este seguimento medioambiental. É evidente que se trata dunha actuación de gran importancia, polo que se continuarán realizando as xestións de seguimento necesarias neste sentido.





















O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



