
mde
Alfoz, 10 de maio, 2020. O último Pleno do Concello de Alfoz foi celebrado o pasado 9 de marzo, coincidindo co sorteo dos membros das mesas electorais dunhas eleccións autonómicas que finalmente foron suspendidas. Dous meses despois seguen sen convocarse sesións plenarias, suspendéndose a celebración do Pleno Ordinario do 27 de marzo, no que estaba previsto que se presentasen os Orzamentos Municipais do exercicio 2020. Por este feito desde Via Alfoz consideran que “estamos a tempo de poder modificar o proxecto de Orzamentos, xa que vai haber partidas de gastos que non se van poder executar polas novas circunstancias, podendo incluír outras partidas necesarias para paliar, na medida do posible, os efectos que o Covid-19 terá sobre a sociedade e o tecido empresarial do noso concello”. Nese sentido, desde Vial Alfoz, consideran que se debera levar a cabo unha xuntanza entre os voceiros dos grupos municipais “de cara a consensuar un plan de reactivación social e económica para o noso concello” previo á presentación do proxecto de Orzamentos.
Dado que a actual situación de estado de alarma impediu a normal celebración de plenos, desde Via Alfoz consideran que, no caso de non ser posible a celebración presencial das sesións, se celebren de forma telemática, “tal e como se fixo o pasado xoves coa mesa informativa convocada cos sindicatos”. Débese recordar que, coa aprobación do Real Decreto-lei 11/2020, de 31 de marzo, engádese un apartado 3 no art. 46 da Lei Reguladora das Bases del Réxime Local, para permitir que as entidades locais convoquen e celebren plenos de forma telemática pola crise provocada polo avance do Covid-19. Desta forma, apuntan desde Via, “pódese garantir a transparencia, a información e o funcionamento democrático do concello, xa que, sen Plenos, non se poden debater propostas nin informarnos das que se están levando a cabo”. Ademais apuntan que, aínda que nas actuais circunstancias “é o momento de apoiar todas as medidas destinadas a salvagardar a saúde dos veciños”, botan de menos máis información por parte do goberno municipal.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



