Viveiro, 10 de maio, 2020. Dende a Consellería de Educación dictáronse unhas instruccións que impoñen aos centros de ensino a apertura inmediata dos mesmos sen garantirlles as máis elementais medidas de protección, seguridade e hixiene aos seus traballadores e traballadoras, equipos directivos, persoal administrativo e de limpeza, que teñen que desenvolver as súas tarefas a partir do luns sen garantir a protección contra un posíbel contaxio ás nais, pais e alumnado que teñan que acudir a realizar xestións de matriculación.
Unha falta de planificación e improvisación absolutas que vulneran a Lei de Prevención de Riscos por non facer ningún tipo de avaliación de riscos biolóxicos (antes innecesaria por estar os centros pechados, mais agora vólvese totalmente imprescindíbel), que a administración non negociou cos centros as condicións de reincorporación do persoal.
Esta reapertura dos centros por orde da Consellería de Educación da Xunta, vaise realizar sen existir protocolos claros de prevención de contaxios nin de protección dos colectivos máis vulnerábeis, o que nos parece dunha gravidade extrema, polo que nos gustaría que a Xefa Territorial de Lugo da Consellería de Educación, Mariña Gueimunde, nos aclarase:
.Se é conforme coa Consellería de Educación de obrigar ao persoal dos centros de ensino a acudir a un posto de traballo sen ofrecerlles garantías sanitarias mínimas.
.Preocupáronse ela e mais a Consellería de coñecer cales son os centros de ensino da provincia de Lugo que teñen traballadorxs vulnerábeis por pertencer a algúns dos grupos de risco que recollen os protocolos do Ministerio de Sanidade, e que polo tanto, non se van poder incorporar o vindeiro 11 de maio.
.Ten pensado a Consellería de Educación adoptar algunha medida para cubrir eses postos vacantes até a reincorporación destxs traballadorxs?
O material de protección que aportará a Xunta de Galicia segundo indican no DOG, serán unhas pegatinas para o chan para delimitar as distancias, claramente insuficiente, dado que o profesorado, persoal administrativo e servizo de limpeza non recibirán elementos eseciais de protección individual (epis) nin produtos de hixiene e limpeza para unha protección colectiva, polo que as condicións de seguridade sanitaria ante a apertura inminente non está garantida expoñendo a un posíbel contaxio xs traballadorxs, usuarixs e alumnado.
Por outra banda nesas instrucións detallan, iso sí, que ten que existir un servizo de limpeza en horario de mañá para efectuar os traballos necesarios entre quendas de atención ás familias que acudan a tramitar documentación, mais non todos os centros o teñen garantido, posto que nos colexios de ensino infantil e primaria son os propios Concellos os que prestan este servizo de limpeza, mais como é habitual e como recollen os actuais contratos coas empresas adxudicararias, son en horario de tarde, polo que non estarían cubrindo o horario de mañá deixando ao persoal e usuarixs dos centros novamente desprotexidos. Pretende a Consellería e a Xefa Territorial que sexan modificados os contratos dos servizos de limpeza para unha posíbel modificación nos horarios cunha urxencia inmediata? Que pasa cos dereitos dxs traballadorxs do servizo de limpeza, que poden ver modificada a súa xornada laboral dun día para outro?
A concelleira do BNG, Míriam Bermúdez, considera que a Xefa Territorial de Educación, debera dar resposta ás demandas que se lle están a facer dende os centros educativos de Viveiro e que garantan ante todo unha situación laboral segura, deixarse de tirar balóns fóra e de escudarse nunhas instruccións da Xunta de dubidosa legalidade e que atentan gravemente contra os dereitos laborais, de saúde e seguridade dxs empregadxs e usuarixs dos centros de ensino da Xunta.



















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



