A Mariña, 11 de maio, 2020. O Estudo de Custes e Rendas das Explotacións Agrarias (Ecrea) do sector lácteo correspondente ao ano 2017 fixa en 39 céntimos o custe medio para producir un litro de leite de vaca nunha granxa galega, un valor moi afastado dos 32,3 céntimos que cobraron as nosas granxas en marzo1. Se utilizásemos este custe de produción, que se incrementou nos últimos anos, e calculamos o diferencial do que perderon as nosas granxas por non ingresar eses cartos, só en 2019 o sector lácteo galego deixou de ingresar case 160 millóns de euros (159.596.767 €), o que supón unha media de máis de 13 millóns de euros por mes (13.299.730 €)2.
Diante dunha situación de pura extorsión no sector lácteo, no que segue sen existir a negociación entre as partes e a industria impón sistematicamente uns prezos por baixo dos custes de produción; e no que as Organizacións de Produtores (OPLs) non serven para nada; o Sindicato Labrego Galego está a estudar a posibilidade de denunciar estes feitos diante da Axencia de Información e Control Alimentarios (Aica) e, eventualmente, valorar as posibilidades de éxito dunha demanda xudicial semellante á que xa está en marcha contra o cártel do leite. De feito, a obriga das granxas a vender por baixo de custe, feito que certifica o Ecrea, podería facer incorrer en fraude a maioría dos contratos asinados por non cumprir a cláusula dos custes de produción.
300 € DE PERDAS POR VACA DE MEDIA EN 2017
A denuncia diante da Aica basearíase, precisamente, no Ecrea, cuxos resultados de 2017 se deron a coñecer recentemente. Trátase dun informe oficial do Ministerio de Agricultura, realizado pola pola Subdirección Xera de Análises, Coordinación e Estatística. No caso galego, analizáronse 64 explotacións de leite. O resultado foi que o custe de produción medio é de case 39 céntimos por litro, sendo o beneficio da actividade negativo, de -3’3 céntimos por litro. Esta actividade ruinosa e con perdas quedaría compensada polas axudas desacopladas, que deixarían un beneficio final de 1 céntimo por litro. Se quitamos as axudas da ecuación, cada granxa tería unhas perdas de preto de 300 € por vaca (-299’08 €).
Dende o Sindicato Labrego Galego cremos que este informe ten a suficiente solvencia e credibilidade, ademais da gravidade que expresan os seus datos, como para denunciar estes feitos diante da Aica por estar as industrias impoñendo uns prezos ruinosos, artificialmente baixos, amparándose en que as granxas subsisten grazas ás axudas públicas que se pagan cos cartos de todos e de todas.
Ademais, a día de hoxe todo segue igual, xa que os contratos que a industria está a impoñer para a seguinte campaña marcan uns prezos semellantes aos actuais, moi lonxe dos 39 céntimos de media que custa producir un litro de leite de vaca na Galiza.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



