Santiago de Compostela, 22 de maio de 2020. Comisións Obreiras (CCOO) esixe un plan de inspección e comprobación dos plans de continxencia das residencias de maiores e de persoas con discapacidade, previo á reactivación dos centros prevista pola Xunta de Galicia. Isto deberase facer de acordo coa representación legal dos traballadores e das traballadoras, aclara o sindicato, que xa lles trasladou ás Consellarías de Sanidade e Política Social as súas achegas ao proxecto do Goberno autonómico, un documento que en termos xerais é «correcto», pero deixa sen concretar diversos aspectos que Comisións considera «fundamentais».
CCOO ve positivo que o protocolo da Xunta sexa único para os centros públicos e privados, «o cal xa é un factor importante para evitar distintos ritmos na volta á normalidade neste tipo de centros», salienta o sindicato.
Establece a volta á normalidade por fases para as persoas usuarias, as residentes e para os seus familiares, impoñendo certos requisitos e mecanismos de control no intercambio entre fases e no réxime de visitas; tamén establece a reversibilidade das medidas adoptadas de dárense posibles casos sospeitosos ou positivos. Prevé así mesmo que para os centros que non teñan ATS nin persoal médico haxa unha persoa de referencia en atención primaria que active os protocolos precisos para realización das probas —PCR ou outras.
Con todo, o documento detalla diversas tarefas, necesarias para cumprir cos criterios sociosanitarios, pero en moitos casos non se concretan as responsabilidades correspondentes ou o xeito de levalas a cabo. Canto aos equipos de protección individual (EPI), o protocolo da Xunta deixa a porta aberta á reutilización en casos de desabastecemento. CCOO rexeita esta posibilidade e esíxelle á Administración autonómica que garanta a axeitada subministración de EPI a todo o persoal.
Así mesmo, CCOO pide incorporar no protocolo a regulación do traballo realizado por empresas externas aos centros —fundamentalmente as vinculadas a restauración, servizos funerarios e xestión de residuos—, xa que o persoal destes servizos tamén desempeña un papel relevante na contención da epidemia.
CCOO, ademais, bota en falta no documento a perspectiva dos centros residenciais de atención á dispacidade. Pola tipoloxía de persoas usuarias, con importantes necesidades de apoio, é difícil aplicar as medidas de distanciamento recomendadas.
Nas achegas remitidas ás Consellarías de Sanidade e Política Social, CCOO tamén formula observacións e recomendacións sobre cuestións tales como a organización dos equipos de traballo, a realización de probas pcr ao persoal e ás persoas usuarias das residencias, intensificar as medidas de limpeza das instalacións, a duración das diferentes fases e os requisitos para avanzar entre fases ou a provisión de equipos de videochamada para contacto cos familiares, entre outros aspectos.





















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



