Santiago de Compostela, 25 de maio de 2020. A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia esíxelle ao Sergas un estudo sobre as causas da alta incidencia de COVID-19 entre o persoal da sanidade pública. Ao tempo que os datos de contaxios na poboación xeral amosan unha tendencia decrecente, aumentan cando se trata de traballadores e traballadoras da saúde, alerta o sindicato. «Dous meses e medio despois da declaración do estado de alarma, o Sergas debe explicar por que os profesionais deste ámbito se contaxian a un ritmo maior ca o resto», apuntan desde o sindicato.
O 22 de maio, as cifras de casos activos en Galicia eran 920 persoas, das cales 350 (o 38,04 %) son persoal da sanidade pública. «Os datos son moi preocupantes e demostran que o primeiro dique de contención fronte á pandemia segue desprotexido», advirte a secretaria xeral de CCOO-Sanidade, Emilia Lamas.
Dos 350 contaxios na sanidade pública, 289 corresponden a persoal sanitario; destes, 119 enfermeiras e enfermeiros, 91 técnicos en coidados auxiliares de enfermaría e 79 médicas e médicos. O total de persoal contaxiado desde o comezo da pandemia é de 2239 positivos, incrementándose na última semana en 173 casos, cando no resto da poboación os casos activos diminuíron en 154 persoas, pasando de 1074 casos activos a 920.
CCOO denuncia a «pasividade» do Sergas, que aínda non tomou ningunha medida ao respecto, malia que o sindicato xa avisou da situación na última reunión do Comité Central de Seguridade e Saúde. «Se non coidamos a quen nos coida, non podemos estar preparados para un rebrote», advirte Lamas.
A Federación de Sanidade de CCOO pide un estudo «serio e rigoroso» para identificar as causas desta alta incidencia e poder tomar medidas correctoras. Así mesmo, o sindicato insiste en «non escatimar equipos de protección» para o persoal da sanidade pública.




















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



