Lugo, 11 de maio de 2020. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou hoxe de que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana xa asinou todos os contratos coas empresas seleccionadas para deseñar o sistema de protección antinéboa da Autovía A-8. Isabel Rodríguez destacou que o Goberno investirá máis de 2 millóns nesta primeira fase do proceso de Compra Pública Innovadora, que consiste no deseño, a construción e a experimentación con prototipos de solucións innovadoras para facerlle fronte a néboa nunha zona de proba anexa ao treito da autovía A-8 entre Mondoñedo e A Xesta.
A subdelegada explicou que esta primeira fase está en marcha logo da publicación, tanto no Boletín Oficial do Estado como no Diario Oficial da Unión Europea, de todos os anuncios de formalización de contratos por parte da Dirección Xeral de Estradas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana coas distintas empresas adxudicatarias.
A Compra Pública Innovadora desenvólvese en competencia por fases temporais que son de carácter eliminatorio, ata seleccionar as mellores solucións para resolver o problema da néboa.
A Fase 1 consiste na demostración da viabilidade das solucións propostas. Nela, cada un dos adxudicatarios debe realizar os estudos e demostracións necesarios que permitan comprobar a eficacia e a viabilidade técnica e económica de cada proposta.
A Fase 2 de construción e experimentación en campo a escala real con 4 prototipos seleccionados na primeira fase, 2 por cada lote, co fin de verificar o correcto funcionamento dos desenvolvementos teóricos nun contorno real nas condicións de néboa características do treito da A-8 entre Mondoñedo e A Xesta.
Unha vez validada a tecnoloxía ensaiada, procederase a unha contratación convencional para a construción dos sistemas antinéboa seleccionados.
SETE PROPOSTAS
A Fase 1 organizouse en 2 lotes e un total de sete contratos de servizos.
Os tres contratos do lote 1 son para o desenvolvemento de solucións innovadoras baseadas en sistema de axuda á condución en situacións de néboa e suporán un investimento total de 722.675 euros (impostos incluídos).
As tres propostas seleccionadas consisten en:
Un sistema de balizamento lateral da vía con luz láser
Un sistema de sinalización horizontal con tecnoloxía LED proxectada sobre a calzada
Un sistema baseado no uso de balizas intelixentes
Os contratos foron adxudicados a TECNIVIAL, S.A. por un importe de 241.999 euros, Tree Tecnology S.A. por importe de 240.690 euros e á UTE formada por. Sener Ingeniería y Sistemas, S.A. e API Movilidad, S.A, por 239.985 euros
En canto ao lote 2, son catro os contratos para o desenvolvemento de solucións innovadoras baseadas en sistemas que actúan sobre a néboa mediante o seu illamento, eliminación ou desprazamento. Neles vanse investir 1.317.956 euros.
Neste caso, as propostas baséanse en:
Un sistema de difusión automático por aspersores de materiais higroscópicos
Barreiras aerodinámicas cortaventos de porosidade variable
Estruturas de formigón abovedadas sobre cada calzada con aberturas laterais en toda a súa lonxitude
A combinación de barreiras estáticas e barreiras dinámicas que empregan dispositivos fluido-mecánicos
Os contratos foron adxudicados a CHM Obras e Infraestructuras, S.A, por un importe de 362.346 euros; Construcciones San José, por 322.469 euros; a UTE formada por Puentes y Calzadas Infraestructuras S.L. y Estructuras y Montajes de Prefabricados S.A, en 271.152 euros; e Técnica y Proyectos S.A. por importe de 361.988 euros.

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



