Lugo, 22 de maio. A Área de Medio Rural, do Mar e Mocidade da Deputación Provincial de Lugo axiliza a xestión das axudas a entidades sen ánimo de lucro, concellos, colectivos e asociacións agrogandeiras que estaban pendentes de finalización, e que suman un importe de 215.000 euros.
A deputada nacionalista responsable da área, Mónica Freire, sinalou que “durante estes dous meses de alarma sanitaria se mantivo o ritmo de traballo para poñer ao día o pago de axudas e subvencións que estaban en diferentes fases de tramitación ao inicio da Covid 19 para que asociacións, concellos e colectivos dispoñan dos fondos correspondentes ao actual orzamento 2020 no menor tempo posible”.
Así, a suspensión dos prazos nos procedementos administrativos non condicionou o funcionamento normal da xestión de expedientes e a posta en marcha do plan estratéxico de subvencións para o período 2020-2023, aprobado o pasado 16 de abril.
Mónica Freire explicou que “o uso de medios telemáticos mesmo permitiu aumentar a comunicación co tecido asociativo e produtivo e cos concellos”. “Mantivéronse as videoreunións con representantes de asociacións, agrupacións de produtores, cooperativas agrarias, sindicatos agrarios e xestores públicos nos concellos para intentar atender as súas demandas nesta situación de pandemia e reorganizar prazos e prioridades para aportar solucións dentro das competencias propias da Deputación Provincial”, sinalou.
A deputada mariñá agradeceu “o traballo do servizo de Novas Tecnoloxías da Deputación de Lugo, que está a realizar unha función esencial para ampliar o traballo a distancia a toda a estrutura organizativa e de xestión da entidade provincial.























Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



