Santiago de Compostela, 25 de Maio 2020. A entrada de Galiza na fase 2 trae consigo a posibilidade de realizar visitas ás residencias da terceira idade, un paso que debe contar coas máximas garantías sanitarias e, neste sentido, o BNG propón un protocolo de actuación tendo en conta que as persoas usuarias destes centros foron ás máis afectadas pola pandemia.
“Hai que extremar as medidas de prevención poñendo en marcha un plan de inspeccións extraordinario para garantir que as visitas cumpren un protocolo en aras da seguridade das persoas maiores e para evitar novos contaxios”, salientou a portavoz nacional, Ana Pontón. Neste sentido, o BNG pon sobre a mesa unha batería de medidas: inspección previa de todos os centros, control da temperatura a todas as persoas antes de acceder á residencia, garantía de hixiene de mans e uso de máscaras, sistema de cita previa limitando o número máximo de persoas en cada visita e intensificar a limpeza e a desinfección posterior ás visitas.
Isto no inmediato, pero a formación que lidera Pontón tamén formula propostas a medio prazo tendo en conta que as residencias foron o burato negro da xestión da pandemia, como demostra que case a metade das mortes por coronavirus afectaron a un colectivo de 20.000 persoas usuarias. Unha realidade que debe ser investigada polo que, -avanzou-, a primeira iniciativa parlamentaria do Bloque tras o 12X será impulsar unha comisión de investigación, para detectar fallos e corrixilos e para traballar nun modelo público do coidado de maiores que garanta unha vellez digna.
“Feixóo ten que asumir que cometeron graves erros á hora de conter a COVID-19 nas residencias de maiores e asumir responsabilidades, erros que tiveron consecuencias dramáticas en falecementos e contaxios, porque non houbo prevención, anticipación, nin se contou co necesario material de protección”, argumentou a portavoz nacional. Botando man dos datos, salientou que Galiza ten 384.198 persoas entre 70 e 85 anos, só 20.000 son usuari@s dunha residencia pero este colectivo soportou o 45% de mortes.
Pontón tamén destacou que das 223 residencias só 24 son de xestión pública, cifra que por si sola aporta moita luz sobre o sucedido, ao tempo que destaca que en once anos de Goberno, Feixóo non construíu ningunha das sete residencias que prometera poñer en marcha nas grandes cidades.
“Non fixo ningunha, non está colocada nin uha soa pedra e á vista están as consecuencias de querer facer negocio co dereito básico a ter unha vellez digna”, subliñou, tendo en conta ademais que o Executivo do PP era perfectamente coñecedor das deficiencias das residencias a través un informe do Consello de Contas, “pero o Goberno fixo a vista gorda”. Por iso, a comisión de investigación parlamentaria que propón o BNG ten por obxectivo establecer que fallou, evitar que se repitan os erros, establecer responsabilidades e, de cara ao futuro, traballar para mudar o modelo.
“Hai que deixar atrás o modelo privatizado imposto polo PP coas dramáticas consecuencias que esta crise puxo de manifesto e rescatar as residencias de maiores para o público, para garantir o dereito a unha atención digna na vellez”, indicou Pontón, “é o menos que lle debemos ás vítimas e as súas familias”.
Evitar agravios con Galiza
Na súa comparecencia en rolda de prensa, a líder nacionalista tamén puxo sobre a mesa a urxencia de establecer criterios xustos para que Galiza non saia prexudicada no reparto do fondo de 16.000 millóns de euros previsto polo Goberno central na crise do coronavirus.
“Os actuais criterios suporían un agravio para este país ante dous grandes territorios beneficiados, Madrid e Catalunya. Ten que levarse a cabo unha distribución dos fondos clara, xusta e equitativa”, demandou Pontón. Entre eses criterios, o Bloque considera deben figurar a dispersión da poboación, -que implica un custe maior na prestación de servizos sanitarios e sociais-, o envellecemento da poboación e os índices de dependencia dos habitantes en cada territorio.
“Non podemos aceptar uns criterios que prexudiquen a Galiza e imos traballar para cambialos tanto desde o Parlamento como desde o Congreso”, avanzou Pontón.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



