Barreiros, 27 de xuño de 2020. O Concello de Barreiros anuncia a contratación de 16 persoas para atempada de verán para realizar tarefas de control dos areais e limpeza de aseos e outros elementos nos mesmos.
Trátase de 8 persoas para vixianza e control das normas derivadas para o control da COVID-19 e 8 persoas para a limpeza dos aseos das praias e outros elementos para poder permitir o uso público dos mesmos. O prazo para a presentación de instancias é desde o 29 de xuño ao 3 de xullo (ambos incluídos) e a previsión é que a contratación se realice arredor do 8 de xullo.
Ana Ermida explica que o retraso na contratación vén derivado porque “estivemos agardando a coñecer a achega da Xunta de Galicia en base ao anuncio do 4 de xuño relativo á colaboración cos concellos para asumir gastos de persoal para o reforzo das medidas de seguridade nas praias ante a COVID-19 ”.
“A realidade é que daquel anuncio feito polo goberno de Núñez Feijoo nada se efectivizou e os decretos da Xunta de Galicia durante a crise do coronavirus só se adican a impoñer unha serie de obrigas para os concellos que son inasumibles cos medios existentes e obrigan a incrementar o gasto sen que se realice ningún tipo de aportación extraordinaria por parte do goberno da Xunta.”
No caso de Barreiros, o goberno municipal precisou realizar unha modificación de crédito reducindo o gasto corrente de funcionamento para incrementar o capítulo de persoal en máis de 54.000€, o que supón un novo esforzo económico para o municipio que non ten certeza de se vai contar con algún tipo de axuda por parte da Xunta de Galicia.
A alcaldesa de Barreiros asegura que a Xunta non coñece as cantidades que destinarán a esta finalidade nen sequera como afrontarán a concesión das axudas, mentres segue denegando outras axudas, como a subvención para infraestruturas ou o fondo de compensación medioambiental solicitados polo Concello de Barreiros para mellorar o parque de San Cosme, a escola infantil e os depósitos de auga potable e que foron denegadas pola Xunta.
“A actitude do goberno da Xunta e o seu presidente na crise do coronavirus, descargando continuamente a responsabilidade noutras administracións recorda a unha especie de Bolsonaro galego, que tenta minimizar a incidencia da emerxencia sanitaria para continuar coa súa folla de ruta cara as eleccións do 12de xullo.”
A alcaldesa barreirense esíxelle á Xunta que poña os medios precisos para controlar e executar as medidas que a propia administración autonómica esixe e deixe de descargar a responsabilidade en concellos, profesionais, forzas e corpos de seguridade e veciñanza. “Escriben normas que saben imposibles de facer cumprir decretando a responsabilidade do seu cumprimento noutras institucións ou persoas e así adoptan a postura de “poli bo”, mentres as persoas responsables tratan de buscar solucións aos problemas que xeran. E ao mesmo tempo, estrangulan economicamente aos concello, especialmente os de distinta cor política, xerando unha situación insostible no tempo”, afirma.





















Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



