Persoal do Concello de Burela e o equipo de goberno secundaron este venres un minuto de silencio polas vítimas da pandemia do Covid-19, no último dos dez días de loito oficial decretados polo Estado.

Terá lugar o venres 23 de maio ás 20,00 horas na sala de exposicións de Regalxunqueira – Viveiro. Ademais do autor participarán a Presidenta do Club de prensa de Ferrol, Julia Diaz Sixto e María José Leira Ambrós, bióloga e sobriña da científica. Serviranse uns petiscos.
A cita, que conta coa colaboración do Concello, será na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, este xoves 22 de maio ás 20,30h. Falarán: Dores Fernández Abel e Carlos Callón.
Este trámite vai dirixido ás familias que presentaron a solicitude de praza durante o período de preinscrición, e deberá completarse de forma presencial nas instalacións da escola municipal. O prazo estará aberto ata o luns 2 de xuño. Lémbrase que a formalización da matrícula é imprescindible para confirmar a admisión do neno ou nena. Ademais, as familias que non solicitaran praza no seu momento poden achegarse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello, onde poderán recoller o impreso correspondente.
Estivo organizado pola Asociación Cultural e Artesanal de Mulleres Palilleiras "As Encaixeiras" e contou co apoio do Goberno galego. O porto de Burela foi o escenario no que as palilleiras convocadas amosaron o seu traballo ás persoas que se achegaron. O programa incluiu tamén degustación de empanada de pescada e visitas ao Monte Castelo e á igrexa da Vila do Medio, así como actividades infantís de pintacaras e globoflexia, entre outras.
Con motivo desta celebración, acercouse ao seu domicilio a alcaldesa, Efigenia Maseda, como representante do Concello, para agasallalo cunha cesta de produtos variados. A alcaldesa afirma que “cumprir 103 anos é algo excepcional e merece todo o recoñecemento do Concello”.
Unha nova edición que está organizada pola Asociación Clásicos Mindonienses Mira e Anda e que conta coa colaboración do Concello de Mondoñedo, o Concello de Abadín e os locais de hostalería Finca San Antonio, Perlora e A Taberna da Galiana de Mondoñedo.
Os feitos delituosos tiveron lugar a pasada fin de semana, cando o presunto autor tentou acceder ao interior das instalacións da piscina municipal, ocasionando danos á porta de acceso por un valor de 600 euros. No marco da investigación procedeuse á súa detención ao constarlle unha requisitoria en vigor dimanante do Xulgado do Penal nº 1 de Lugo de detención, comparecencia e ingreso en prisión. A persoa detida foi trasladada para o seu ingreso no centro penal de Bonxe.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital