A Mariña, 28 de xuño, 2020. A cabeza da lista do Partido Popular por Lugo ás eleccións do vindeiro 12 de xullo, Elena Candia, considera que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, “perdeu onte unha importante oportunidade de defender a Galicia e o intereses que neste momento temos e dependen do seu Executivo”. A popular refírese, concretamente, á incerteza que viven nestes momentos os traballadores de Alcoa San Cibrao debido a que o Goberno continúa sen garantir a viabilidade da planta, abocando ao paro aos máis de 500 traballadores afectados polo ERE e outros 500 de empresas auxiliares que “ven que non se fala deles e son os primeiros que se irían”.
Elena Candia reproba así que o dirixente socialista se deprazase a Ourense para arroupar ao candidato do seu partido a presidir a Xunta, Gonzalo Caballero, sen dicir nada e que o candidato usase este tema cun enfoque claramente electoral. “O que fixo o Sr. Caballero foi poñer enriba da mesa unha gran chantaxe, ao anunciar que abordaría este tema despois do día 12. Parécenos claramente insultante, o que demostra que o aliado do candidato socialista é Sánchez e non Galicia”, manifesta.
Neste senso, a popular defende que, “se hai unha solución, esta ten que ser xa e non depender duns resultados electorais”. “O tempo de desconto cada vez é menor e, co acontecido onte, queda claro que o PSOE non ten vontade política de apoiar aos traballadores e á Mariña”. Elena Candia lamenta así que os socialistas en Madrid, en Galicia e na provincia –neste último caso, a responsable é veciña da Mariña, candidata polo PSOE ao Parlamento e, por tanto, coñecedora da situación e de que a quen lle corresponde fixar un prezo da enerxía para garantir Alcoa San Cibrao é do seu presidente en Madrid- continúen eludindo a súa responsabilidade e non aproben o estatuto electrointensivo coas alegacións presentadas, xa que “deste xeito o problema quedaría resolto”, remarca.





















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



