Ribadeo, 27 de xuño de 2020. O Concello de Ribadeo pendurou no edificio municipal esta semana a bandeira LGTBI no marco da celebración mañá, 28 de xuño, do Día do Orgullo LGTBI. A edil de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, sinalou que “este ano non se organizou ningunha actividade de sensibilización por mor da situación na que nos atopamos, pero desde o Concello queremos seguir traballando na aceptación da diversidade sexual e a non discriminación”.
A concelleira ribadense dixo que “o 28 de xuño conmemórase o Orgullo LGTBI (Lesbianas, Gais, Transexuais, Bisexuais e Intersexuais). Desde o Concello de Ribadeo queremos amosar o noso compromiso coa igualdade e contra a discriminación de xénero e das características sexuais de cada quen”.
A edil nacionalista manifestou que “segundo unha enquisa realizada polo Ministerio de Igualdade o 48% das persoas enquisadas no Estado evitan dar a man da súa parella do mesmo sexo en público, entre outros datos. Se repasamos as redes sociais ou os xornais é evidente o incremento de agresións LGTBIfóbicas, de acoso por orientación sexual, das extremas dificultades das persoas trans, especialmente das mulleres trans para entrar no mercado laboral. A problemática á que deben facer fronte as e os adolescentes revelar a súa orientación sexual, que supón en moitas ocasións enfrontarse a un drama familiar, a falta de recoñecemento da diversidade familiar e as dificultades nos centros educativos para facer formación en diversidade afectivo sexual ….”.
Mariluz Álvarez Lastra lembrou que “de feito, o pasado febreiro colaboramos coa ANPA A Faxarda do Colexio Público Gregorio Sanz organizando uns talleres sobre a diversidade afectivo sexual para todo o alumnado cun resultado moi satisfactorio”.
A concelleira de Igualdade engadiu que “temos que mencionar que este ano tamén se cumpren 15 anos da aprobación do matrimonio igualitario, un paso adiante, pero aínda queda moito por normalizar da diversidade sexual. A película Elisa e Marcela, dirixida por Isabel Coixet e que conta a historia das dúas galegas que a principios do século XX protagonizaron a que está considerada como primeira voda homosexual en España, terá a súa estrea mundial este mércores no Festival Internacional de Cinema de Berlín. E a Televisión de Galicia fará a estrea este domingo, de do filme de Elisa e Marcela, polo que vos animamos a visionala”.





















O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



