Vilalba, 27 de xuño de 2020. O candidato socialista á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, o candidato socialista anunciou que na primeira semana á fronte da Xunta “pedireille ao presidente do goberno unha xuntanza para tratar a política industrial galega e buscar unha solución co compromiso de manter o emprego da planta de Alcoa” en San Cibrao. Reivindicou unha “política industrial clara, nidia, a carón do goberno de España para defender con firmeza os intereses de Galicia”.
Gonzalo Caballero incidiu en que cando a empresa, “logo de recibir millóns de euros de cartos públicos quere retirarse, temos a un goberno que lle está a dicir que ten que manter os compromisos co emprego, e que se se vai retirar debe indemnizar e devolver os fondos públicos que recibiu a cambio de manter o emprego”.
Así mesmo, chamou a “convocar un gran acordo de país” para revitalizar a economía en tempos de crise e “tamén para unha nova política económica e industrial”, logo da xestión “inexistente” logo de 11 anos de goberno de Feijóo, que “dos 20 buques que prometera con Pemex só quedaron dous e un alto directivo preso por corrupción”
Neste acto pediu o voto para o PsdeG, para “facer de muro de contención, tamén en Galicia, fronte á dereita e á ultradereita”. Así o dixo nun mitin en Vilalba, xunto coa cabeza de lista ás eleccións autonómicas, Patricia Otero, a Alcaldesa Elba Veleiro e o Presidente da Deputación e Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé.
Gonzalo Caballero chamou á mobilización dos socialistas galegos que nas convocatorias electorais de 2019 romperon coas sondaxes e puxeron ao PSdeG á fronte dunha maioría progresista que superou á dereita en todas as convocatorias electorais. De aí, explicou, a estratexia conservadora de “impoñer relatos que nos queren facer pequenos” para “inmobilizar ao electorado moderado progresista e socialista”.
O líder dos socialistas galegos dixo que “a historia amosa que en Galicia só hai cambio cando o lidera o PSdeG”, e por iso “o PP a quen ataca é ao PSdeG e ao líder do PSdeG, porque saben que somos alternativa real”, e “a quen lle teñen medo é ao PSdeG”. Dixo que “a dereita prefire xogar á confusión e tratar entre algodóns a outras forzas progresistas”.
A Cabeza de lista das eleccións autonómicas pola provincia de Lugo, Patricia Otero, afirmou que “o 12X temos que gañar as enquisas, porque o PSOE é o partido da confianza, da xustiza, é un verdadeiro exemplo de Goberno. Estamos preparados para traballar a reo nesta nova andaina”. Explicou que dende o primeiro momento, os Alcaldes e Alcaldesas socialistas da provincia, “estiveron a pé de pais, promovendo iniciativas para non deixar a ninguén atrás nos nosos concellos, eles son o verdadeiro exemplo desta pandemia ante o abandono do Goberno de Feijóo”.
“Temos que loitar polo noso sector primario, reactivar a economía, crear o emprego, e agora temos unha oportunidade única da man do Goberno de Pedro Sánchez. Non podemos deixar pasar este momento político, o 12X temos que apoiar a un goberno útil e progresista”, resumiu.
A Alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, dixo “non é o mesmo que o goberne a dereita e a esquerda neste pais. Necesitamos un cambio en Galicia que encabezará Gonzalo Caballero, e o PsdeG ten que pilotar este novo proxecto para saír desta crise. E só hai unha receita traballo, traballo e traballo. O 12 X temos que saír a votar polo progreso deste pais”, resumiu.
O Presidente da Deputación e Alcalde de Monforte de Lemos, Jose Tomé Roca advertiu que “Galicia necesita un cambio tras 12 anos de Goberno de Feijóo. El é o único responsable do que pasou en Galicia, comezando por Alcoa. Falta a primeira proposta ou primeiro euro da Xunta nun plan industrial para Galicia e os galegos. Temos que saír a rúa e conseguir que a política volva a estar ao servizo dos cidadáns”, insistiu.




















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



