Lugo, 28 de xuño de 2020. A candidata do BNG por Lugo, Olalla Rodil, participou nun acto público en Vilalba, onde puxo o foco na xestión que levou a cabo os últimos 11 anos a Xunta de Galiza do Partido Popular nas vilas. Segundo Olalla Rodil, “Vilalba é un exemplo moi claro de que o PP non gobernou pensando en asentar poboación nas vilas e nos núcleos do rural”. “O primeiro paso que temos que dar para asentar a poboación nas vilas e no rural é dispoñer de servizos básicos como o transporte”, afirmou Olalla Rodil.
“Vilalba é un punto céntrico da provincia, comunicado mediante autovías con Lugo, A Mariña e a Coruña, mais a única liña de bus que para aquí é a que comunica Lugo coa Coruña”, afirmou Olalla Rodil, que engadiu “O Partido Popular desde a Xutnta de Galiza falaba da lexislatura do rural, mais despois deixou sen servizos e sen comunicacións comarcas como a Terra Chá”. Olalla Rodil afirmou que Vilalba “merece unha estación de buses funcional e liñas que a comuniquen co resto da poboación”.
Olalla Rodil pediu o voto para o BNG o 12 de xullo “para que toda a poboación de Galiza teña acceso a servizos públicos básicos, como educación, sanidade ou atención aos maiores”. Segundo Olalla Rodil, “ 12 de xullo podemos conseguir un cambio real na Galiza, un cambio que reconstrúa os servizos públicos que eliminaron once anos de goberno do Partido Popular, e que faga historia poñendo a Ana Pontón como primeira muller presidenta da Xunta de Galiza”.
Día do Orgullo LGBT
Coincidindo coa celebración do día do Orgullo LGBT, Olalla Rodil afirmou que “temos que lembrar a loita deste colectivo os 365 días do ano”. Segundo a candidata do BNG, “a loita polos dereitos dos distintos colectivos faise máis importante nestes días, coa deriva de certos discursos de cara ao retroceso no recoñecemento da diversidade afectivo sexual”. Segundo Olalla Rodil, “un dos obxectivos do BNG no goberno da Xunta a partir do 12 de xullo será acadar unha sociedade sen discriminacións”.





















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



