Castro de Rei, 30 xuño de 2020. Luís Álvarez, candidato ás eleccións autonómicas pola provincia de Lugo denunciou hoxe, un novo atropelo do goberno do PP, co peche do centro de saúde de Castro de Rei. “A crise do COVID puxo de manifesto o abandono e as graves carencias da atención primaria que existen nos centros de saúde da provincia, e hoxe evidenciámolo aquí neste centro de Castro, onde tiñan que estar traballando un médico e un ATS, o ambulatorio está pechado”.
Álvarez, acompañado das candidatos Rosanna Rielo e Carmen Álvarez, o secretario de organización do PSdeG-PSOE na provincia, Juan Jose Díaz Valiño e o Deputado, Javier Cerqueiro, mantiveron unha xuntanza de traballo cos membros da Agrupación Socialista da vila que encabeza, Jose Luís Castro Tellado e cos veciños, na que denunciaron a política de recortes do PP nos centros de atención primaria da provincia de Lugo.
“Estes días coñeciamos o peche doutro centro sanitario aquí nesta provincia, concretamente en Parga, onde se atendía a 1.500 pacientes e agora son consultados en Guitiriz como xa denunciamos. Esta é unha nova demostración do que está pasando coa sanidade pública en Galicia, e agora repítese en Castro de Rei. A sanidade do PP inclúe recortes, privatizacións e abandono ”, insistiu Álvarez.
O candidato as eleccións autonómicas explicou que “cun Presidente Socialista na Xunta de Galicia a sanidade pública será a bandeira de referencia do goberno progresista que saia das próximas eleccións autonómicas. Defendemos e abandeiramos unha sanidade pública, universal e gratuíta, fronte aos recortes de Feijóo. O PP xa demostrou nestes 11 anos que non ten proxecto e que ten esgotado o seu tempo político en Galicia. Hai que apostar pola Atención Primaria, e polo mantemento de servizos nos hospitais comarcais. Por iso o 12X é necesario frear a dereita, non queremos máis recortes”, resumiu.
Os veciños de Castro de Rei están sofrindo os recortes de Feijóo
Castro Tellado dixo que as veciñas e veciños de Castro de Rei “están sofrindo as consecuencias directas dos recortes que impulsa o Goberno de Feijóo e o PP. Por iso quero que a veciñanza saiba que estamos a carón de todos eles e que nos mobilizaremos ata onde faga falta para que este centro se volva abrir, con tódalas garantías sanitarias. Xa que estamos na nova normalidade, o lóxico seria que o centro volvera a abrir”, espetou.
O Grupo Socialista reclaman ademais “que as veciñas e veciños poidan realizar analíticas neste centro unha vez á semana, xa que non ten sentido que o ATS traballe aquí, e non realice estas probas”.
“Por iso o 12X temos a oportunidade de demostrarlle ao PP que non estamos dacordo co peche do centro de saúde de Castro de Rei. O PSdeG está comprometido coas políticas de benestar, a defensa dos servizos públicos e unha nova política económica que non deixe a ninguén atrás”, explicou.
Ampla implicación veciñal
Esta denuncia da Agrupación Socialista de Castro de Rei foi respaldada por un amplo numero de veciños da vila, que se senten desprotexidos por esta decisión de recortes de persoal do PP e do peche do centro de saúde.


















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.



