Burela, 8 de xullo, 2020. Dende a asociación de comerciantes de Burela queremos informar de que o comercio está traballando con normalidade e estremando as medidas de seguridade para darlle ós nosos clientes o servicio de sempre, coidando da saúde de todolos veciños da nosa vila.
Os negocios de hostalaría que pecharon neste días o fixeron como medidaa de prevenvención e seguridade, para traballadores e clientes. Pero moitos locais hostaleiros están traballando con normalidade, e cumprindo coas normativa vixente.
Mandamos esta aclaración proque hai circulando noticias sobre o peche do comercio de Burela e dándolle pávulo a declaracións de xente que non está vinculada co sector empresarial.
Son tempos complicados para todos, pero con comunicación, responsabilidade e sentidiño, poderemos seguir MEDRANDO XUNTOS.