Foz, 31 de xullo de 2020. No pleno da corporación de Foz celebrado onte, xoves, foron aprobados os orzamentos municipais deste ano e o alcalde, Fran Cajoto, destaca que son serios e responsables.
O rexedor municipal explica que “no pleno de onte aprobáronse uns presupostos serios e responsables. Tardamos moito, porque xa estamos no mes de xullo, pero foi por distintas circunstancias: primeiro ano no goberno, tivemos que ter varias reunións en Santiago para evitar partidas de non dispoñibilidade, por como quedaron as contas despois do goberno do Partido Popular e tamén a crise do COVID. Todo isto retrasou os prazos administrativos. Pero aínda que os trouxemos tarde, estamos contentos polo resultado grazas ao gran traballo da tenente alcalde e concelleira de Facenda, Inés López Couto, que botou longas horas cos servizos de intervención para axustar uns presupostos á realidade do Concello, traballo que nunca se fixera. Antes había partidas que quedaban sen fondos á metade de ano ou que directamente non se consideraban, o que provocaba un gran importe no recoñecemento extraxudicial e conlevaba asociado un retraso nos pagos aos provedores. E agora, no momento no que estamos, hai que axilizar sempre eses pagos e que as empresas que o están a pasar realmente mal, as empresas locais que traballan cos concellos, cobren o seu traballo en tempo e forma”.
Fran Cajoto engadiu que estes orzamentos “van asociados a uns gastos de 7,4 millóns de euros, que non son os que nos gustarían, pero son os que están axustados á realidade deste concello no que pouquiño a pouco queremos ir avanzando en investimentos porque é a forma de despegar, de que Foz sexa cada vez máis atractivo e que Foz evolucione. Sabemos que hai moitos traballos pendentes por facer, moitas rúas por arranxar, moitas conducións de auga por renovar, … Temos moitos investimentos que facer: no ámbito cultural, no ámbito educativo e este e un primeiro paso para avanzar na boa senda. E nese sentido teño que agradecer aos distintos grupos que nos apoiaron, tanto ao socio de goberno do BNG como a Foz Plataforma de Futuro. E unha vez máis tivemos os votos en contra rotundos do Partido Popular, simplemente porque os presupostos os presenta o PSOE. Gustaríanos nese caso que Javier Jorge Castiñeira tivera una maior altura de miras, que pensara no beneficio do pobo e que si realmente viu algo mal nos presupostos, que o expuxera ao público, pero non foi así. Simplemente votaron en contra sen ningún tipo de proposta alternativa e queda aí anotada, unha vez máis, a non colaboración do PP, que se viu desde o primeiro momento, cando nin sequera quixo ter unha reunión para o traspaso de poderes”.
Para rematar o alcalde destaca que “este orzamento incrementa as partidas en gastos sociais e investimento real, sendo estas as que máis benefician de forma directa á poboación do noso concello. Entre as medidas máis significativas están o aumento das axudas de emerxencia social de 600 a 1.000 euros e dótase unha partida para a mellora do servizo municipal de lixo, buscando un aumento da eficiencia nesta área para contribuír á mellora do medio ambiente”.












Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



