Burela, 29 de xullo de 2020. O Concello de Burela reanuda o vindeiro martes, 4 de agosto, as súas Rutas Xeolóxicas e as visitas ao barco museo Reina del Carmen, que foron suspendidas cando se produciu o brote de COVID na comarca. E volven con límite de aforo: 20 persoas como máximo para as rutas e 8 para as visitas ao barco museo.
O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, explicou que “desde a Delegación de Turismo queremos anunciar que vamos a reactivar as actividades turísticas que tíñamos suspendidas polo rebrote que tivemos aquí na Mariña e máis concretamente en Burela. Con isto anunciamos que volvemos a retomar o que son as Rutas Xeolóxicas. Vaise empezar a facer a primeira deste ano o martes, 4 de agosto, e vai ser a ruta de O Perdouro. E teremos tamén rutas o dia 6 e o dia 8. O dia 6 temos a do Cantiño e o día 8 o da Marosa.”
Fernández Rey declarou que “as rutas que se suspenderon intentaremos facelas máis adiante, pero as que había previstas en principio vamos intentar desenvolvelas con total normalidade, dentro da nova normalidade na que estamos sumidos, evidentemente respectando todo o que son as medidas de seguridade e hixiene que nos están recomendando.”
O edil burelés asegurou que están pensando novas fechas para poder facer esas rutas que quedaron suspendidas: “as rutas que se suspenderon nesta temporada por culpa da pandemia intentaremos recuperalas ben nas pontes festivas que haxa de aquí a decembro ou ben no Nadal.”
O concelleiro de Turismo lembrou aos interesados que “para apuntarse, o que hai que facer é entrar no seguinte blog para facer as reservas: rutasxeologicasdegalicia.blogspot.com e aí poderase facer a reserva e xa quedarán anotados para poder facer esa ruta. Vai estar limitada a asistencia en 20 persoas”.
Ramiro Fernández insistiu tamén na seguridade coa que se van desenvolver as actividades: “son rutas nas que podemos garantir mais o menos a distancia de seguridade, evidentemente o uso da mascarilla vai ser obrigatorio e vamos intentar que se fagan da maneira máis segura posible. Son actividades ao aire libre polo que entendemos que tampouco teríamos que ter maior problema con iso”.
O concelleiro socialista anunciou a reapertura do barco museo Reina del Carmen: “anunciar tamén que a partir do martes, día 4 de agosto, vamos iniciar as visitas ao barco museo. Aquí sí que temos unha maior complexidade, sobre todo para gardar a distancia de seguridade, porque estamos falando dun barco que ten as súas características e as súas dimensións. En todo caso vamos garantir absolutamente a seguridade coa desinfección das instalacións, o uso de mascarillas, xeles hidroalcohólicos para ter alí no barco, etc”.
As visitas ao Reina del Carmen veñen marcadas tamén polo límite do aforo: “tíñamos limitada, antes de pasar ese brote, as visitas a 10 persoas e agora vamos baixalas un pouco mais, como máximo se recibirá a 8 visitantes xuntos. Entendemos que é importante que pouco a pouco vaiamos retomando esa normalidade turística tamén en Burela e o que queira vir disfrutar destas dúas actividades turísticas poida facelo con toda a seguridade”. As visitas ao barco serán de martes a domingo en horario de mañá ás 11:00, 12:00 ou 13:00 horas, e de tarde ás 17, ás 18 e ás 19 horas.
Fernández Rey tamén falou sobre as rutas do peixe: “con respecto ao que viñamos facendo todos os anos, e que era moi exitoso, como eran as Rutas do Peixe, xa decidimos e o sentimos, suspendelas definitivamente. Son un área de traballo no que nin ABSA nin o Concello estábamos moi seguros de poder cumprir con todas as normas de seguridade entonces decidimos entre as dúas partes non facelas este ano e intentaremos retomalas de cara ao ano que ben”.
O edil engadiu sobre as Rutas Xeolóxicas que se reanudan a vindeira semana: “é unha iniciativa, como digo, que sempre nos gustou e que puxemos a andar nosoutros e que tivo moito éxito. Á xente gústalle o tema das rutas xeolóxicas e desde logo nosoutros seguimos aquí apostando por elas. A mensaxe que termos que dar é que se respecten as medidas de seguridade que nos están mandando. Penso que facéndoas con prudencia e coas medidas de seguridade non creo que haxa ningún tipo de problema neste tipo de actividades. Que as disfruten, que veñan a Burela, que aproveiten tamén a hostalería e o comercio de Burela para facer as súas compras e as súas consumicións e desde logo desde o Concello vamos intentar axilizar o máximo posible esa nova normalidade que necesitamos e que os comerciantes tanto demandan e que a xente veña a Burela e poidamos recuperar un pouquiño o que levamos perdido estes meses no aspecto turístico”.




















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



