Ribadeo, 22 de xullo de 2020. O alcalde, Fernando Suárez, referiuse á xuntanza mantida esta mañá con responsables de Sanidade. O rexedor subliñou que baixan un pouco os contaxios en Ribadeo pasando de 5 a 4. E asegurou que se tiveron en conta as demandas realizadas para que se ampliase o horario na hostalería, que desde mañá, xoves, poderá pechar unha hora máis tarde. O resto das restricións seguirán durante unha semana.
Suárez Barcia dixo: “destacar que baixan de maneira máis ou menos xeral en toda a comarca os contaxiados por coronavirus. Alegrámonos desde Ribadeo especialmente por Burela, posto que vai saír do confinamento estrito no que estaba a partir de esta media noite. E en Ribadeo temos boas novas porque parece que imos dobregando esta situación, posto que hoxe temos un contaxiado menos, baixando de 5 que había onte a 4 que hai hoxe”.
O alcalde subliñou que “ademais desta situación especial para Ribadeo, para toda a comarca aceptaron unha proposta que lle tíñamos feito varios alcaldes e alcaldesas de que deberían ampliar os horarios de peche para o sector hostaleiro. Aceptaron amplialo nunha hora, pasando das doce da noite como límite máximo ata a unha da mañá, aínda que se manteñan por seguridade as xuntanzas grupais limitadas a un máximo de 10 persoas e así será para os vindeiros 7 días.”
Suárez Barcia engadiu “aínda que son cousas positivas e avances, isto non significa relaxarnos nin moito menos. Isto significa seguir na liña na que todo o mundo está actuando nestes últimos tempos, polo que eu vou vendo aquí en Ribadeo. Debe ser así porque ten que ser así. Non hai outra. Si o seguimos facendo así de ben, en poucos días poderemos estar noutra situación moito máis agradable”.























Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



