
Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y del Mar (Agosto 2001)
O Vicedo, 6 de xullo, 2020. Comeza este atípico verán e comezan os mércores de natureza,
condicionados polas limitacións establecidas no DOG de 5 de xullo. Esta
primeira actividade servirá de presentación dos mércores de natureza,
este ano chamados Actividades de natureza e que consistirá en rutas de
sendeirismo, kayaks, mixtas e, por segundo ano, rutas xeolóxicas. O
mércores 8 de xullo, a partir das 16:30h na praia de Arealonga, haberá
unha actividade con kayaks e táboas de Paddle SUP e consistirá nun
pequeno paseo pola Ría disfrutándoa desde o propio mar. A Actividade ten
un custe de 10 € por persoa e está dirixida a maiores de 10 anos. É
obrigatorio inscribirse no 982 59 01 95.
Dacordo coa normativa publicada no DOG do 5 de xullo, a actividade está
limitada a un total de 10 persoas.
Por outra banda, o sábado 11 de xullo ás 10h. organizarase unha ruta de
sendeirismo polos arredores do Vicedo, visitando os seguintes puntos:
Vicedo, Moledos, Arealonga, Pontes sobre o Sor, Serantes, Eiroá,
Triscornia e Vicedo. O punto de encontro será a Casa da Cultura do
Vicedo ás 10h. Obrigatorio inscribirse no 982 59 01 95. A actividade
estará limitada a 10 persoas.