A Mariña, 6 de xullo de 2020. A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo e candidata ás eleccións autonómicas, Patricia Otero avanzou hoxe que pasará o confinamento decretado polo Goberno de Feijóo durante 5 días na Mariña, onde reside e non participará en ningún acto electoral no que resta de campaña, salvo en aquelas actividades que non impliquen contacto directo con grupos de cidadáns así como os habituais cos medios de comunicación. Otero fixo este anuncio tralas medidas decretadas pola Xunta sobre o incremento de casos polo brote de covid-19 detectado na Mariña, que obrigou a pechar, durante cinco días, os accesos aos concellos da Mariña.
A cabeza de lista e candidata ás eleccións considera “que sería unha irresponsabilidade participar en actos colectivos. Quen nos dedicamos a actividade política temos a obriga de dar exemplaridade cos nosos comportamentos. A prioridade é loitar contra a propagación do virus, e o que entendo nos toca aos candidatos e comportarnos con coherencia con o que se pide a os veciños”.
Nesa liña sinalou “confío en que todos os candidatos de todos os partidos que prediquen co exemplo, e declinen a participación neste tipo de actos. Sería inconcibible que non se estivese á altura do exemplo que debemos dar. Eu dou o primeiro paso, e convido a que me acompañen por coherencia entre o que dicimos e o que facemos”, expuxo.
“Agora que a Xunta ten as competencias e a responsabilidade, debe ser eficaz na loita contra a extensión de virus e ser completamente transparente na información que se proporciona as forzas políticas e a os cidadáns. Esa é a súa obriga, a nosa esixencia e o que os cidadáns da Mariña merecen: eficacia sanitaria e transparencia informativa”.
Otero tamén tivo palabras de recoñecemento para o traballo dos Concellos, “que ten que ser respaldado cos medios necesarios, que hoxe non teñen, por parte da Xunta de Galicia e do Goberno de Feijóo. Os nosos alcaldes non poden ser os que paguen as carencias e a inoperancia da administración autonómica. Deben ser atendidos nas súas demandas e reforzados nas súas capacidades”.
Por último, dirixiu unha mensaxe de afecto e confianza “a todos os meus conveciños da Mariña. A experiencia de xestión do Goberno de Pedro Sánchez amosounos que con medidas axeitadas e disciplina social, podemos frear a expansión do virus. Ese é o camiño que debemos seguir agora, e o que nos levará a logralo”, resumiu.



















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



