Burela, 22 de xullo de 2020. O alcalde, Alfredo Llano, amosouse satisfeito porque o municipio recuperou a libre mobilidade despois de doce días de confinamento. O rexedor subliñou que baixou de xeito considerable o número de contaxios, destacou o traballo realizado polo Hospital da Mariña e tamén o esforzo da veciñanza.
Alfredo Llano declarou: “recibimos unha noticia que agardábamos xa. A verdade é que levábamos tempo co confinamento de Burela derivado do brote no que tivemos moita xente afectada. É certo que chegamos ter 140 positivos o 12 de xullo e iso era moito no noso concello, agora quedan 40, co cal baixouse cen nunha semana. Iso significa que o brote está controlado e cortada a cadea de contaxios. Calculo que eses 40 baixarán entre hoxe e mañá”.
O alcalde salientou que “houbo moito traballo detrás. Hai que ter en conta que no hospital realizaron en total máis de 4.000 PCR, que é unha cifra extraordinaria que indica a dimensión e o traballo que houbo para controlar o brote”.
O rexedor burelés contou que “ás cero horas do xoves recupérase a mobilidade total, igual que están os outros concellos da Mariña. Era algo que nos tardaba porque levamos doce días con este confinamento. Eu noto que isto afecta, non soamente á situación socioeconómica, senón tamén ao estado de ánimo da xente, polo que penso que a partir de agora temos que tratar de manter o optimismo. A partir de mañá toda A Mariña, Burela incluída, podemos ter a liberdade para ir a onde queiramos e iso é moi bo. Hai algo que creo que tamén é moi positivo para a restauración, que é que poden abrir unha hora máis, agora estaban ata as doce, durante sete días, e vaise manter de momento o aforo do cincuenta por cento. Tamén se vai indicar que non se poden facer festas nocturnas, nin botellóns nin reunións de máis de dez persoas. Isto hai que mantelo porque tal como se comprobou estes días hai que evitar volver ter outro brote e desde logo seguir como fixo a xente da Mariña, e concretamente a de Burela, como traballou e como se implicou na responsabilidade de gardar os protocolos. Foi un logro colectivo derivado da solidariedade que amosou toda a xente. Iso hai que salientalo e felicitalos”.
Alfredo Llano explicou que “mañá imos ter outra reunión cos responsables de Sanidade e imos ir vendo como vai evolucionando. Queremos dar as grazas porque hoxe todo o mundo amosouse moi solidario con Burela por recuperar a liberdade, tanto os alcaldes e alcaldesas da comarca como a Consellería de Sanidade. Isto significa que esta situación serviu para estar máis unidos, máis coordinados, traballar en conxunto, animar á xente que consuma na nosa comarca e que veña agora porque esta experiencia, ao ser positiva, vai dar lugar a que a xente de fora teña máis respecto por nós e máis motivación para vir aquí”.
O alcalde de Burela quixo “dar as grazas ao persoal do hospital que traballou moi duro e coordinadamente co Concello de Burela. Fíxose unha actuación extraordinaria e hai que recoñecer todo o mérito, vendo como foi, a cantidade de traballo que hai detrás e o resultado consecuencia dese bo traballo. Quero ademais animar á xente a que siga cumprindo os protocolos e quero recoñecer o mérito extraordinario que teñen co seu comportamento solidario que deu lugar a que recuperáramos o antes posible esta normalidade. Estamos contentos, imos seguir así, e desde logo tratar de seguir colaborando entre todos para sentir nosoutros a confianza que poidamos transmitir ao resto do mundo para que poidan vir ata aquí con toda a normalidade, sentíndose seguros e a gusto, que é como teñen que estar aquí na Mariña”.























A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



