Burela, 28 de xullo, 2020. O grupo municipal do BNG de Burela puido saber que o número de profesionais que compoñen o servizo de socorrismo nas praias da vila burelá viuse afectado por tres baixas, quedando en cinco os socorristas que actualmente traballan nos areais. Segundo o voceiro do BNG, Mario Pillado “o servizo non se pode levar a cabo con so cinco persoas nas praias, por iso cómpre que o equipo de goberno faga todo o posible para xestionar novas contratacións para suplir as baixas. Somos conscientes que non existen moitos profesionais dispoñibles a estar alturas de verán, pero cremos que se debe facer un esforzo por atopalos”.
Pillado continuou dicindo que “tamén seguimos insistindo na posibilidade de contratar persoal auxiliar para reforzalo traballo do equipo de socorristas, para que estes poidan descargar parte das tarefas e cando menos, xa que se ven minguados en número, podan sacar adiante o servizo con maior tranquilidade no que queda de período estival”.
No BNG cren que non serven as escusas senón buscar solucións.
Os nacionalistas non aceptan desculpas de mal pagador ante esta incidencia. Para o portavoz do bloque “o que non vale agora é queixarse do recorte feito pola xunta neste eido, do que todos somos conscientes e que xa foi criticado no seu momento; o equipo de goberno ten que ter capacidade para xestionar e sacar o servizo adiante nestas condicións”.
Pillado tamén sinalou que “cando se deron a coñecer as axudas de parte da administración autonómica existían concellos veciños con situación moito peor ca de Burela para ofertalo servizo e foron capaces de facelo, mesmo concellos con moitos mais areais e con necesidades de persoal moito mais altas co noso. A nosa vila non pode quedar á cola do resto da comarca tamén neste servizo, cando reunía condicións antes do comezo do mesmo para levalo a cabo de forma relativamente cómoda, por iso é preciso que o goberno local aporte solucións”.
Por último o voceiro do BNG quer recordar que “tamén propuxemos, e mantemos, que se destine persoal municipal para o control e seguimento das medidas de seguridade nos areais derivadas do Covid19, algo que tampouco se levou a cabo.”





















A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



