Lugo, a 14 de xullo de 2020. O portavoz popular na Deputación, Javier Castiñeira, anuncia que o PP “presentará no próximo pleno unha moción para que o goberno provincial restableza o antes posible a imaxe da Mariña lucense, danada nestes días pasados, coincidindo coa campaña electoral, polo mal uso que fixeron das institucións os gobernantes nacionalistas e socialistas tanto nos concellos mariñáns como na propia Deputación”. Castiñeira refírese “ás declaracións absolutamente alarmistas, nas que se poñía en dúbida a seguridade dos veciños da Mariña e dos turistas que nese momento se atopaban na comarca disfrutando da nova normalidade”. O PP reclama un plan de reactivación económica da comarca, que sufre no económico e no industrial
O portavoz popular critica “o uso partidista das institucións para tratar de alarmar dicindo que non se daban as condicións necesarias para votar, afirmación a partir da que se podía interpretar que se non se podía votar tamén era posible que non resultara seguro facer outras actividades”. Deste xeito, “desmotivouse absolutamente aos turistas, que acabaron evitando á estancia na Mariña; por outro lado, desmotivouse tamén aos propios veciños da Mariña, que deixaron de facer unha vida normal (dentro da condicións nas que estabamos na Mariña) e se retraeron ao seus fogares, diminuíndo así considerablemente o consumo tanto na hostalería como no comercio”.
Os populares queren impulsar medidas para superar canto antes a situación creada e optan, segundo Castiñeira, “por seguir sumando e buscar solucións”. E nesa liña presentan a moción anunciada polo portavoz, que di: “Entendemos que hai que facer unha campaña dende as administracións, de todas, e polo tanto tamén desde Deputación de Lugo para a reactivación económica desta comarca”. Castiñeira visitou esta mañá Ribadeo para comprobar a situación en compañía de Daniel Vega, portavoz municipal, que será deputado autonómico na próxima lexislatura.























Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



