Ribadeo, 28 de xullo, 2020. O Concello vén presenta a súa oferta cultural para este verán.
XULLO
30. Parque 20.00 H LARRAITZ URRUSOLA. Títeres. Dona Barriga Verde (APEGO)
AGOSTO
1-9. Sala do parque Pinturas de Ramón López
7. Teatro 20.30 H ACORDEONISTAS DA MARIÑA
8. Parque 20.00 H CULTURACTIVA . SAAABOR! (APEGO)
9-19. Sala do parque OUTRA MIRADA. Pinturas de Carmela Villa.
Xornadas: A ASTRONOMÍA NAS RUTAS XACOBEAS. Organiza a USC
13. Teatro 21.00 H Charla. Cantón 22.00 H Observación astronómica
24. Teatro 20.30 H Charla. Cantón 21.30 H Observación astronómica
14. Cantón 21.00 H DAVIDE SALVADO E FRANSY GONZÁLEZ en concerto
16. DÍA DE SAN ROQUE
XVIII XORNADAS DE HISTORIA LOCAL. A nosa Historia a través dos nomes de lugar.Organiza Agrupación Francisco Lanza
21. Auditorio de Cabanela 20.00 H Charla de Rocío Dourado, profesora e estudosa. (se vai mal tempo irase para o salón de actos da Casa do Mar)
23. Percorrido en barco
22. Cantón 21.30 H SARABELA TEATRO: Crónicas do paraíso
24. Auditorio 20.30 H Concerto de ENSEMBLE BAL Y GAY.
29. Pasarrúas 21.00 H BRASSICA RAPA
SETEMBRO
5. Cantón 20.00 H PESDELÁN en concerto. Na palma da man (APEGO)
8. DÍA DA PATROA
15. Oficina de turismo O DEBUXO DE AMANDO SUÁREZ COUTO. Exposición. Organiza Asociación A Concordia.
16. Biblioteca 17.30 H Ler conta moito. MIGALLAS TEATRO: Cantacontos (APEGO)
20. Auditorio 19.00 H MÚCAB DANS: Blowing (Danza para público familiar)
22. Biblioteca 17.30 H Ler conta moito. COMPAÑÍA DO TRINKE TRINKE: Paxariños (1 a 3 anos) (APEGO)
25. Auditorio 17.30 H ACAR TEATRO DEL MUNDO: La loka historia de Frankenstein
ORGANIZA: CONCELLO
COLABORAN: XUNTA DE GALIZA. LER CONTA MOITO. XACOBEO 21. CAMINO ESCENA NORTE. AGADIC.REDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS


























A clasificación final situou a Braulio Gayoso (TM Luarca) como gañador, seguido de Eugenio Alonso (CD San Ciprián), e dun terceiro posto compartido por Carlos Ron (Atletic Génova TM) e Domingo Larriety (TM Luarca). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e destacou o éxito dun torneo que xa se consolidou como unha cita imprescindible do calendario deportivo estival. O Concello felicita aos gañadores, a todos os participantes polo alto nivel amosado durante a xornada e ao CD San Ciprián pola excelente organización dun evento que continúa reforzando o seu papel como referente do tenis de mesa no norte peninsular.
Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.



