A Mariña 29 de xullo de 2020. Unha paciente denuncia que o Sergas négase a facerlle unha PCR de control antes de incorporarse á sua vida laboral a pesar de que sigue a manter algún dos síntomas da Covid 19.
A paciente contaxiouse no pasado mes de xuño e comezou a desenvolver síntomas da enfermidade . Tras a primeira PCR é dada de baixa e comeza a ser seguida polos servizos sanitarios da comunidade asturiana, por residir no límite entre comunidades. Cando pasou a ser seguida polo Sergas comezou ter problemas co seguimento epidemiolóxico, xa que tivo que sere ela mesma a que se puxo en contacto con ditos servizos para indicarles que ninguén seguía o seu caso.
Recentemente , a principios do mes de xullo o Sergas pretende dala de alta, tras pasar o período de confinamento , sen repetirlle a PCR de control e mantendo síntomas da enfermidade. Foi a insistencia da paciente e a súa responsabilidade , pois traballa en contacto con moitas persoas , e a denuncia nos medios de comunicación escritos e audiovisuais os que finalmente conseguiros que se lle realizara a segunda proba de control, que foi positiva.
Pasado outro período de corentena, a muller solicita de novo a realización dunha proba de control antes da súa incorporación laboral . A petición é denegada polo Sergas ,alegando que mudou o protocolo e pese a que a paciente segue a ter síntomas que desde o Sergas cualifican como “ residuais”.
Desde a Plataforma Sanitaria esiximos que cumplan coas normas máis elementales de prevención epidemiolóxica e que se deixen de “ aforros miserentos”, que o único que conseguirá é contribuir á expansión do virus. Demandamos desde este colectivo que se garanta a negatividade nas probas diagnósticas para covid 19 antes da incorporación laboral das persoas contaxiadas , pois sabemos que “ non todas as persoas tardan o mesmo tempo en negativizar e consideramos primordial protexer á poboación; isto é o mellor cheque sanitario con que poden agasallar á poboación”






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



