Viveiro, 31 de agosto. O festival online resumía aos espectadores os quince primeiros anos de existencia de Resurrection Fest Estrella Galicia. Tanto a súa campaña de comunicación como a celebración do mesmo foron un dos fitos culturais de 2020 no noso país sen ningunha dúbida.
O festival online, que podía seguirse a través da Canle Oficial de Youtube de Resurrection Fest e da páxina de Facebook do festival tivo unha audiencia de máis de dous millóns douscentos mil impresiones. Todo un fito na historia dos festivais online en España.
Ademais, durante o fin de semanas, as Redes Sociais do Festival superaron os 5,9 millóns de impresións, sendo #elResuEGresiste Tema de tendencia nacional en Twitter, un dos temas máis falados durante o tempo que se retransmitiu.
Polo seu lado, a campaña de comunicación deste festival obtivo unha audiencia acumulada de 379 millóns de persoas en todo o mundo. Esta mesma campaña está valorada en 4,52 millóns de euros, todo un récord a nivel estatal e postulándose como unha das campañas de comunicación máis importantes dentro do panorama de festivais a nivel europeo.
Desde Bring The Noise queremos dar as grazas a todos aqueles que colaboraron con esta iniciativa, véndonos os dous días, comprando Merch, doando ás causas solidarias ou simplemente léndonos. Grazas pola vosa fidelidade un ano máis e durante estes quince anos.
Queremos trasladar un agradecemento especial tamén a Xacobeo, á Xunta de Galicia e a Estrella de Galicia polo seu apoio e facer este streaming posible, do mesmo xeito que ao resto dos patrocinadores do festival.
Grazas de corazón a toda a Crew do festival, traballadores que este ano non puideron facer o que máis lles ilusionaba no mundo, que é traballar. Técnicos, obreiros, camareiros, seguridade, fotógrafos, vídeo, prensa, limpeza, condutores, hospitalidade… todo o mundo: grazas!
En definitiva, grazas a todas as persoas que contribuíron a que Resurrection Fest sexa o que é hoxe ao longo de toda a nosa historia.