A organización da liga profesional de fútbol (LaLiga) dispuxera o pasado maio, como adoito todas as tempadas, que nas dúas derradeiras xornadas das dúas divisións que organiza todos os partidos nos que se decidise un ascenso, descenso ou promoción se xogaran á mesma hora. O luns 20 de xullo desputábase a derradeira xornada e descobrironse varios positivos de Covid-19 no Fuenlabrada, polo que o partido Dépor-Fuenlabrada foi suspendido por LaLiga, mais non o foron os outros dous partidos nos que xogaban outros candidatos ao descenso á Segunda B. A equipa galega ficou descendida ese mesmo día. Logo soubemos que o asesor xurídico do Fuenlabrada era o fillo de Javier Tebas e que LaLiga xa tiña organizada a viaxe de volta dúas horas antes de suspender o partido. Sóubose, tamén, que o Fuenlabrada viaxou a mantenta coñecendo que había contaxios na súa equipa.
Velaí que o xuiz instrutor da Federación Española de Fútbol (FEF) propuxera o descenso automático do Fuenlabrada á Segunda B, o que suporía que a equipa coruñesa seguiría na Segunda. Ao tempo, Dépor e Numancia propuxéronlle ao CSD una Segunda con 24 equipas na tempada 2020-2021 para resolver salomónicamente, sen danos para terceiros, a situación xerada pola neglixencia do Fuenlabrada e a conduta colusoria de Tebas.
Mais LaLiga prantexou un conflito de competencias perante o Tribunal Administrativo do Deporte (TAD), órgano adscrito ao CSD. No serán do 27-A a alcaldesa coruñesa comunicoulle á presidenta do CSD a existencia dun audio (publicado nun xornal madrileño) datado na primeira metade do 2019 no que os dous Tebas planifican co presidente do Fuenlabrada mercar unha sociedade para que puidera integrarse na liga profesional no caso de ascenso á Segunda (o que ocorreu semanas despois), o que constituía una proba manifesta de que Tebas asesoraba como abogado ao Fuenlabrada hai só uns meses. Irene Lozano amosouse moi pouco empática e, só dúas horas despois, o TAD decidiu que a competencia no caso Fuenlabrada lle pertence a LaLiga. Unha decisión nula de pleno Dereito por violación do dereito de audiencia da FEF, ao non lle notificar previamente o rexeitamento da ampliación do prazo de alegacións e a súa caducidade e que constitúe una peza senlleira de prevaricación administrativa.
Ao día seguinte, xa sen a pendencia da decisión do TAD, o CSD rexeitaba a proposta da Liga de 24. Así pois, o Fuenlabrada na Segunda e o Dépor na Segunda B.
A trapalleira decisión do TAD e maila secuencia dos feitos amosan que Irene Lozano interveu para salvar os intereses de Tebas. E mesmo hai quen di que persoeiros importantes do Goberno do Estado (tanto do PSOE como de Podemos) fixeron de avogados de Tebas fronte a presidenta do CSD.
Pensan vostedes que este comportamento sería posíbel co Betis ou co Sevilla ? ¡Cál é o motivo último da conivencia do Goberno do Estado con Javier Tebas?



















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



