Mondoñedo, a 27 de agosto de 2020. Un ordenamento urbanístico actualizado é peza básica para o desenvolvemento sostible e harmónico das cidades, especialmente nos cascos históricos nos que hai valores urbanísticos e patrimoniais que protexer e potenciar. Con este convencemento, o Concello de Mondoñedo saca a licitación o contrato de servizos para a redacción do Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Casco Histórico (Peprich).
Segundo se recolle no prego de condicións, e de acordo co establecido na Lei do Solo de Galicia, o proxecto de plan especial terá que ser realizado por un equipo multidisciplinar, formado por un mínimo de tres especialistas con titulación universitaria de segundo ou terceiro ciclo; deles, polo menos un ten que ser arquitecto e outro enxeñeiro de camiños, canais e portos, ou estar en posesión do grao en arquitectura ou enxeñería de camiños.
O presuposto de licitación do contrato é de 254.364,67 euros, dividido en catro anualidades: 2020, 61.556,25 euros; 2021, 92.334,38 euros; 2022, 92.334,37; 2023, 61.556,25 euros. As propostas cuxo presuposto supere o de licitación serán desestimadas.
A financiación do proxecto correrá integramente a cargo da Xunta de Galicia, mediante o convenio establecido polo Concello coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, firmado o pasado 17 de xuño do ano en curso.
O director do equipo redactor, que será un dos seus membros, terá que estar en contacto directo co Concello de Mondoñedo, que poderá convocalo a tantas reunións como considere necesario. Durante o período de exposición ao público do plan, o equipo redactor nomeará unha persoa, coa titulación e coñecemento suficiente do plan, que se encargará de atender a quen acuda a ver o Peprich no Concello. Este integrante do equipo técnico terá que estar como mínimo presencialmente no Concello un día a semana en horario de atención ao público.
A duración do contrato non poderá exceder de catro anos, sen posibilidade de prórroga. Os prazos que se fixan para a execución do contrato, son os seguintes: 12 meses desde a formalización do contrato para a presentación do documento para a súa aprobación inicial; 22 meses desde a formalización para a formulación do documento para o seu envío á Xunta; 34 meses para a aprobación definitiva do plan.
Melloras
O prego establece como melloras a valorar o emprego de tecnoloxías 3 D e de xeolocalización. Estes instrumentos permitirán favorecer un acceso público a través da web.
Tamén recolle a valoración de que se aporte a documentación técnica ( en soporte individual para cada finca) descritiva da planta e alzado dos inmobles catalogados existentes no casco histórico, que deberá reunir os requisitos de forma e de suficiencia informativa para permitir a inmatriculación dos inmobles no Rexistro de Propiedade e para a tramitación administrativa que garanta a correspondencia entre a realidade física e a realidade catastral.






















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



