Lugo, a 31 de agosto de 2020. O grupo provincial popular manifestou unha vez máis a semana pasada ao goberno da Deputación a súa total disposición a colaborar para facer fronte á crise sanitaria provocada pola covid-19 na provincia. A vista do recente caso de positivo entre o persoal que traballa no pazo de San Marcos, os populares, por medio do deputado Óscar Poy, reiteran o seu ofrecemento de colaboración e piden unha reunión da xunta de portavoces ou dunha comisión para analizar a situación creada polos brotes de covid-19 na provincia e deseñar e aplicar as medidas máis oportunas.
O deputado popular Óscar Poy estivo esta mañá no pazo de San Marcos para interesarse pola situación neste centro de traballo. Puido comprobar que o persoal de seguridade é o mesmo que habitualmente, salvo o traballador que deu positivo.
Poy expresou a total confianza dos membros do Grupo Popular no Servizo de Prevención da Deputación. Indicou que, no plano político, o PP considera necesario que o deseño e execución das medidas para evitar contaxios, e actuar alí onde se detecte un brote, se leve a cabo consensuadamente.
O mesmo deputado reiterou a súa confianza no Servizo de Prevención, pero recordou que a Deputación e un organismo público no que non se pode obviar a súa compoñente política. Neste sentido, apunta que, nunha conxuntura tan delicada e difícil como é a actual, non é suficiente unha chamada de teléfono desde o goberno provincial ao portavoz da oposición (PP) para abordar no plano político esta cuestión, ao fío do positivo rexistrado entre persoal que desempeña a súa función na sede da institución. Tampouco deixa de constatar Poy a casualidade de que a información dese caso se dese en venres, co tempo xusto para que durante a fin de semana se puideran levar a cabo as necesarias labores de desinfección no edificio.
Poy sinala: “O PP, como xa anunciou o noso portavoz, Javier Castiñeira, pon os 12 deputados do noso grupo para colaborar decididamente en canto sexa útil nesta crise sanitaria. Pero o goberno provincial ten que demostrar vontade de consenso e reunir aos portavoces ou convocar unha comisión na que se deseñen as medidas máis adecuadas. Polos populares non vai quedar; a pelota está no tellado do goberno PSOE-BNG”.



















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



