Trabada, a 27 de agosto de 2020. O portavoz do PP de Trabada, José María Fernández, denuncia a “deixadez total e absoluta por parte do grupo de goberno e a alcaldesa de Trabada” en relación ao “mantemento das estradas municipais e das instalacións de titularidade municipal”. É por iso polo que dende o Grupo Municipal Popular demandan actuacións urxentes para mellorar as estradas que presentan fochancas ou aquelas estragadas pola choiva que supoñen un risco para os seus usuarios; así coma para acondicionar outras instalacións que son competencia do Concello.
Nese sentido, o popular sinala tamén como exemplos de “total abandono” o actual estado no que se atopan as instalacións deportivas como é o caso do pavillón de Sante que se atopa sucio, con maleza e, o que é máis grave, presenta graves deficiencias na súa entrada. “A única entrada coa que conta o pavillón non é accesible nin para os carriños dos nenos nin para persoas con mobilidade reducida”, explica Fernández. Ademais, hai elementos perigosos ao seu arredor coma canles mal tapadas ou restos que non foron retirados procedentes de obras de demolición dun alpendre para facilitar a apertura dunha segunda entrada que aínda está sen construír. “Non foron recollidas as uralitas e incluso hai ferros que sobresaen das paredes”, segundo alerta o voceiro popular.
Igualmente, o parque infantil da mesma localidade tamén se atopa en mal estado de conservación con elementos rotos ou o campo de fútbol de Trabada e as inmediacións do colexio público do municipio que se están sen rozar e acondicionar.
Isto demostra para o voceiro do Grupo Municipal do PP que “a alcaldesa está a todo menos ao que ten que estar”. Lamenta Fernández que “o goberno local manteña descoidado o noso municipio” polo que considera “unha falta de previsión na súa xestión”. Explica o popular que “estas tarefas débense realizar de xeito periódico para evitar chegar ao estado de abandono no que se atopan agora a final do verán”.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



