Lugo, a 29 de setembro de 2020. A sesión plenaria celebrada esta mañá pola Deputación de Lugo demostrou, unha vez máis, en opinión do portavoz popular, Javier Castiñeira, “que o goberno provincial ten moi pouca consideración cos cidadáns”, un comportamento “especialmente lamentable nun momento en que veciños e concellos necesitan máis desta institución e o único que fai e poñerse de lado e criticar á Xunta de Galicia”. Castiñeira pon como exemplo do que di o feito de que foron rexeitadas as dúas mocións defendidas polo PP en relación con senllos asuntos que afectan directamente a veciños da provincia.
Castiñeira destacou tamén que con respecto a Alcoa houbo unanimidade entre todos os grupos provinciais. Entende que tiña que ser así porque “todos debemos permanecer xuntos nun asunto de tanta relevancia como é o futuro da industria aluminera en Lugo; todas as institucións teñen que manterse unidas para esixir a Alcoa que reinicie as conversas con Liberty House”. O portavoz popular asegura: “Non imos admitir que se pare a produción de aluminio primario na Mariña e que se perdan máis de 530 postos de traballo directos máis outros tantos indirectos; entendo que todos os grupos pensamos o mesmo e, dende logo, expreso o noso máximo apoio aos traballadores e as súas familias”.
Por outro lado, Castiñeira mostrouse convencido de que “as mocións do Partido Popular non lle gustan a este goberno provincial”. Explica: “Chegamos ao punto de que nunha moción na que recollemos as aspiracións de veciños de Castroverde, do núcleo de Outeiro, demandando melloras nas obras que se están executando na ponte sobre o río Chamoso votan en contra, en contra, polo tanto, do interese dos veciños. Entre os que votaron en contra está o propio alcalde de Castroverde; tamén o BNG, que en Castroverde vota a favor e, na Deputación, en contra”.
O portavoz popular sinalou que algo similar o anterior ocorreu na proposición que presentou o seu grupo para solicitar a rebaixa do prezo do solo industrial nos polígonos que xestionan na provincia a Entidade Pública Empresarial de Suelo (Sepes) e Suelo Empresarial del Atlántico (SEA). Castiñeira manifestou: “O obxectivo era que tanto Sepes como Sea, que son sociedades estatais, establezan bonificacións para o solo industrial que teñen na nosa provincia (cinco polígonos en total), porque a día de hoxe teñen prezos bastantes caros, moito máis caros que os de Xestur (Xunta de Galicia), que si está a facer os seus deberes. Cremos que o actual é un momento no que se necesita iniciativa empresarial e motivar aos nosos emprendedores; cremos que na provincia de Lugo debemos empezar por rebaixar o prezo do solo industrial no que ten participación o Estado para fomentar a instalación de empresas”.


















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



