Abadín, 22 de outubro de 2020. “A política ten que contribuír a mellorar a calidade de vida de todos os nosos veciños e veciñas, máxime nunha situación tan complicada coma a que estamos a vivir durante esta pandemia. Por iso dende a Agrupación Socialista de Abadín quixemos aportar o noso pequeno grao de area co fin de axudar ao noso colexio público”, avanzou o voceiro socialista, Pablo Díaz López .
Explicou que cos 400 euros de dietas do mes de xullo, que corresponden aos 4 concelleiros socialistas “decidimos arrimar o ombreiro para saír adiante nestes tempos, e propuxemos doar as nosas dietas para os 60 escolares da vila”.
“Hoxe recibimos as fotos da Dirección do Colexio do CEIP Aquilino Iglesia Alavariño de Abadín, encargada de adquirir o material, coas que podemos comprobar a inversión das nosas aportacións para a compra de mobiliario para a ludoteca do colexio, con novas estanterias, mesas, sillas, pufs así como novos libros para os alumnos de primaria”, explicou Díaz.
“Estamos moi orgullosos de poder contribuír a adquirir novo material aos nosos nenos e nenas, e queremos aproveitar para felicitar a toda a dirección do colexio de Abadín que está traballando a reo para saír adiante nesta situación. Podedes contar con nós para seguir apostando por unha educación publica e de calidade”, resumiu.
.



















Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



