Foz, 16 de outubro, 2020. O Club de Atletismo “Ría de Foz” vén de ratificar, no día de hoxe, o seu convenio de colaboración co Centro Comercial Aberto de Foz (CCA-Foz). Deste xeito, esta última entidade continúa a ser o patrocinador principal do Club de Atletismo focense. Esta relación, que comezou no ano 2019 e que desde a directiva do equipo focense agardan que sexa moi lonxeva, levou ao Club de Foz a competir en todas as probas nas que participou, tanto a nivel galego como estatal, como “CCA RÍA DE FOZ”.
Na sinatura deste convenio de colaboración, tamén estiveron presentes o Alcalde de Foz, Fran Cajoto, e a Concelleira de Deportes, Gemma Méndez. Ambos aproveitaron a ocasión para trasladarlles, aos directivos do Club focense, a vontade da corporación municipal en colaborar con todas as iniciativas que o ‘Ría de Foz’ promova.
Desde a Directiva do Club de Atletismo valoran moi positivamente o apoio prestado polo CCA-Foz durante estas tempadas, posto que contribuíu, de maneira decisiva, ao crecemento e mellora do Club a moitos niveis. Ademais, esta renovación do acordo chega nun momento “doce” para o ‘Ría de Foz’, xa que cada vez son máis os pícaros e os adultos que se achegan ao Club.
Ademais, desde o CCA RÍA DE FOZ, queren agradecer tamén a confianza depositada polos seguintes locais no traballo do Club: Cervexa Artesá “Augas Santas”, Nº1 Zapatillas-Foz, Pub Legends, Panadería-Pastelería Hucar e a Run Foz Run.
Así, xa por último, desde o Club de Atletismo ‘Ría de Foz’ queren agradecer o trato e a confianza do CCA-Foz, representada na figura do seu Presidente Jose Carlos Paleo, e queren sumarse, ademais, a todas as voces que convidan aos cidadáns a apoiar e investir no comercio local focense.





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
