Santiago, 23 de outubro de 2020. O deputado do Grupo Popular Daniel Vega salientou hoxe no Parlamento que a Xunta destinará 24 millóns de euros para axudas ao sector da carne de vacún, de plantas ornamentais e para a compra de uva de vinificación.
En concreto, Daniel Vega concretou que as axudas para o sector da carne de vacún ascenderán a 9 millóns de euros e para a planta ornamental e de flor cortada serán 3 millóns. Estas axudas sairán nunha convocatoria única a comezos do mes de decembro.
Pola súa banda, as subvencións para a compra de uva de vinificación serán de 12 millóns de euros, dirixidas especialmente á axuda para que as adegas constitúan avais para os créditos de compra de uva.
REPARAR OS DANOS DO CONFINAMENTO
O deputado popular tamén se referiu ao dano importante que o confinamento causou nos produtores que tiñan como canles principais de comercialización os mercados agrarios, así como os hoteis, restaurantes e cafeterías.
“En resposta a esta situación, a Consellería levou a cabo diversas accións para favorecer a comercialización destes produtos, como a creación de Mercaproximidade, a instalación de puntos de venda nos supermercados e hipermercados baixo a marca Superfeirón; a compra directa da Consellería aos pequenos produtores; ou a creación dunha páxina web para a venta online dos produtos”, explicou Daniel Vega.



















Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



