Lugo, a 09 de outubro de 2020. O grupo provincial do PP cualifica como “caso de intolerable exercicio de opacidade política” o encontro mantido no pazo de San Marcos polo presidente da Deputación, José Tomé (PSOE), e o secretario xeral dos socialistas de Galicia, Gonzalo Caballero, para, segundo os medios de comunicación, falar de cuestións orzamentarias para a provincia. O portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira, sinala: “Se no día de onte o grupo provincial do PP tivo que denunciar o sectarismo ao que o goberno da Deputación somete a practicamente a metade dos concellos da provincia, que están gobernados polo PP, no día de hoxe temos que denunciar unha nova falta de transparencia política por parte deste goberno”.
Castiñeira di: “É totalmente inaceptable o que volvemos ver no pazo de San Marcos. Parece que o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, veu a Lugo a dar instrucións e seguir dando ánimo ao señor Tomé para que persevere no que vén facendo dende a súa investidura: facer oposición ao goberno de Galicia, á Xunta, dende as institucións, sinaladamente dende a Deputación de Lugo”.
Os populares acusan aos socialistas de facer “un uso político vergoñento das institucións” e instan “ao presidente Tomé, e ao goberno da Deputación en xeral, a que deixen de usar politicamente as institucións para fines única e exclusivamente partidistas e que se dediquen a xestionar ben os recursos de todos os lucenses e non a facer todo o contrario”.
Castiñeira manifesta: “Se o presidente Tomé quere falar da provincia co presidente da Xunta de Galicia, o que debe facer é chamar ao señor Feijóo, desprazarse a Santiago ou invitalo a que visite a provincia de Lugo, e falar do que de verdade é importante para Lugo. O que non pode facer é chamar a terceira forza do Parlamento de Galicia, que é o Partido Socialista, para dicirlle cales son as necesidades da provincia de Lugo; resultaría absolutamente cómico senón fora porque é unha falta de respecto a todos os lucenses e a todos os galegos. Esta falta de de transparencia política vén demostrar por que o Partido Socialista é a terceira forza no Parlamento de Galicia e a segunda forza na Deputación de Lugo”.




















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



