Santiago de Compostela, 26 de Outubro 2020. O BNG considera que o estado de alarma é unha medida excepcional para un momento excepcional como é a segunda onda da COVID 19 que non deixa de medrar en cifras de contaxios e falecementos, pero advirte que esta medida por si soa non vai frear o virus e que, ademais de esixir máis responsabilidade á cidadanía, son necesarias decisións políticas por parte dun Goberno da Xunta que non está facendo a parte que lle toca.
De feito, a portavoz nacional, Ana Pontón, denuncia que desde marzo o Executivo de Feijóo nin reforzou a atención primaria, nin puxo en marcha un servizo eficaz de rastrexo, nin blindou as residencias da terceira idade cunha intervención pública até superar a pandemia, e hoxe un colectivo de apenas 20.000 persoas maiores segue soportando o 45% das vítimas mortais.
“O estado de alarma é unha media excepcional que basicamente consiste en trasladar a responsabilidade do control da pandemia á cidadanía, unha medida que supón un plus de esixencia ás persoas na nosa vida diaria. Non discutimos que sexa necesaria neste momento, pero desde o BNG tamén nos preguntamos que está facendo o Goberno do PP para enfrontar a pandemia e vencela o antes posible”, interpelou Pontón.
“Feijóo non preparou a atención primaria para que estivese máis forte que en marzo, e non conta nin con máis medios, nin con máis médic@s nin con máis recursos económicos. Por contra, os e as profesionais están exhaustos e o deterioro da atención primaria e tal que para unha persoa doente acceder ao médico de cabeceira e case imposible con esa imposición da telemedicina”, alegou a líder nacionalista.
O Goberno do PP tampouco fixo os deberes en relación ao rastrexo, -denuncia-, de feito, se ignora con cantos rastreadores conta Galiza, que se mantén entre as comunidades cos peores datos de rastrexo e localización de contaxios.
“E Feijóo tampouco blindou as residencias da terceira idade para evitar que as persoas maiores sexan as máis castigadas polo virus e, igual que en marzo, a pandemia está a ser letal neste centros sen que o presidente da Xunta rectifique, mostrando a súa falta de ética e a súa frialdade nun asunto tan doloroso”, recriminou Pontón.
A modo de exemplo, a Residencia Os Gozos de Pereiro de Aguiar que só foi intervida tras un contaxio masivo e que en apenas dúas semanas rexistra un tráxico balance de 23 persoas falecidas.
Todas estas son cuestións, insistiu, que requiren decisións políticas máis aló do estado de alarma, medida que vai valorar na Executiva nacional pero no que Pontón avanzou que o BNG presentará emendas no Congreso por entender que require “un control democrático en sede parlamentaria dunha medida que recorta dereitos e liberdades fundamentais”.
Non valen parches para frear a crise económica
Ademais do sanitario, a repercusión sobre a economía é un aspecto que urxe abordar “para evitar o derrubo de sectores cun peso moi importante na economía e na creación de emprego”, -explica-, como é o caso da hostalería, o comercio de proximidade, as e os traballadores autónomos, as PEMES e o tecido e produtivo do país.
“Ante unha crise deste calibre non valen os parches senón un auténtico plan de rescate para evitar que se perdan miles de empregos cun impacto brutal”, alegou Pontón, e para iso é necesario contar cos máximos recursos posibles, incluídos os que proveñan do fondo COVID europeo para reactivación.
Neste sentido, o BNG solicita a remisión ao Parlamento, “que debe xogar un papel fundamental para axudar á resolución da crise”, de toda a documentación dos 108 proxectos anunciados polo Goberno do PP que concorren a fondos da UE, para valorar a súa idoneidade para Galiza. “Nunha semana pasamos de falar de sete proxectos a máis dun cento, -indicou a líder nacionalista-, e preguntamos quen os elabora, quen os selecciona, que criterios e obxectivos os xustifican”.
Diálogo e acordos no Parlamento
En relación a este asunto, Pontón tildou de “incomprensible” que o presidente da Xunta non pida a territorialización do fondo COVID europeo. “Hai unha territorialización desde a UE cara os Estados pero non se quere o mesmo dentro do Estado español cando a experiencia nos demostra que Galiza sae discriminada se criterios de distribución que teñan en conta a súa realidade sanitaria, económica e social. A proposta de Feijóo abre a porta a esa discriminación e o noso país debe ter acceso cando menos ao 9% deses recursos”, concluíu.
O Bloque reitera a petición dun pleno monográfico que aborde a situación derivada da segunda onda da COVID, que require dun diálogo entre forzas políticas para fraguar acordos que Feixóo non propicia. “Nin unha soa chama do presidente da Xunta ás forzas parlamentarias”, criticou Pontón.





















Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



